Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De cando as igrexas de Darbo e do Hío sufriron roubos

En abril de1844 dous homes e dous mulleres piden a chave de Darbo alegando ter unha promesa á Virxe e asaltan o templo e en agosto de 1926 os ladróns entran polo tellado na do Hío

Publicación do roubo en El Progreso o 25/8/1926.

Nesta colaboración o autor fai unha referencia a varios sucesos relacionados co asalto a dúas igrexas parroquiais que aconteceron tempo atrás, concretamente ás freguesías de Santa María de Darbo e de Santo André do Hío.

A Luís Guimeráns e Nardo Rial, devotos da fotografía antiga

En tempos da I Guerra Carlista e no comezo da Desamortización de Mendizábal, o Ministerio de Gobernación do Reino (sic), enténdese español, emitiu un decreto en outubro de 1836, que tamén podemos designar como unha circular, onde se ordenou facer inventarios das alfaias e outras pertenzas que posuían varias institucións eclesiásticas como igrexas, colexiatas, ermidas e outras máis.

Debuxo da igrexa de Darbo de Paco Priego, publicado en FARO DE VIGO el 11/09/1929. | // ARQUIVO DO AUTOR Arquivo do autor

A maior causa do denominado decreto era o progresivo aumento de facciosos que se apoderaban de ornamentos sacros fabricados con metais preciosos de moito valor como o ouro e a prata, co agravante, en ocasións, de maltrato físico aos cregos e demais persoas que exercían, entre outras, labores de custodia. Seleccionamos o seguinte da mencionada circular: /...A fin de evitar en adelante los graves males que siguen a la causa de la libertad de la ocupación que en varios puntos hacen las facciones, de la plata alajas y demás efectos que se hallan en las iglesias y de los fondos que les pertenecen.../ (D POADPDOC3401 - 3.5.1 Documentación de culto e clero. 1165/7).

Nota do suceso de Darbo en "El Católico" o 30/4/1844 Arquivo do autor

Ante o crego de Darbo don Jose B. Mallo e o “individuo de Ayuntamiento” (sic) don Juan Manuel Matos Benavides, faise o inventario que se refire á dita igrexa. Inventariándose no interior do templo de Darbo o seguinte: /...La Cruz Parroquial de Plata, dos calices de idem con sus respectivas Patenas, un Copon de idem qe se halla en el sagrario, un Relicario para llevar el Biático á los enfermos, Las tres oleeras tambien de lo mismo, un incensario con su naveta y una Lámpara tambien de Plata qe alumbra al Santíssimo, qe son las unicas qe hemos encontrado...se hallan fundadas en la misma Yglesia hasta tres Cofradías con diferentes advocaciones, como no posehen Rtas (rentas) algunas y solo se conservan á devocion de los mismos fieles y con las mismas Limosnas con qe contribuien en las especies de maís , Lino y vino al tpo. (tiempo) de las cosechas.../

Igrexa e Cruceiro do Hío entre 1954 e 1964. Arquivo Gonzalo Romero

Existen, na prensa antiga, varias noticias relacionadas con frecuentes roubos, aínda posteriores ao 1836. Son moitos os casos, mais por estaren notificados dous asaltos conxuntamente nos xornais da época, damos conta dun violento á casa reitoral de santa María de Asados (Rianxo) onde os delincuentes roubaron os garfos de prata e deixaron ao crego totalmente espido e dun roubo na igrexa de santa María de Darbo, ámbolos dous en abril de 1844. No que atinxe ao asalto de Darbo sabemos que aconteceu uns días antes do 22 de abril do dito ano, e que foron acusados dous homes e dúas mulleres que pediron a chave da igrexa ao capelán, alegando ter unha promesa á virxe ( entendemos a Nosa Señora de Darbo). Descoñecemos se no roubo se apoderaron de ornamentos de prata ou se levaron certa cantidade de diñeiro. O que si sabemos é que días máis tarde os presuntos ladróns ficaron presos no cárcere de Vigo. Para corroborar estes sucesos, os lectores poden consultar as noticias nos seguintes xornais: El Católico,30/04/1844, páx.4, El Heraldo, 1/05/1844, páx. 3,El Eco del Comercio, 4/05/1844, páx.4 e El Espectador, 5/05/1844, páx.4 (B.N.E.).

Inventario de obxectos da igrexa do Hío en 1836.

Inventario de obxectos da igrexa do Hío en 1836. Arquivo do autor

O roubo na igrexa do Hío

Afondando na listaxe dos bens pertencentes ás igrexas e ermidas das parroquias que hoxe constitúen o Concello de Cangas do Morrazo (Coiro, Aldán, Darbo, Cangas e do Hío) detémonos no tocante á parroquia do Hío, sendo abade en 1836 don Antonio Iglesias y Boan e lemos o seguinte: /...En la Yglesia parroquial de Sn Andres del Hío a dies y ocho dias del mes de Octubre de este año de mil ochocientos treinta y seis...solo hemos hallado en virtud de presentaon eha pr dho Parroco las Alajas siguientes: La Cruz Parroquial de Plata mui destruida y gastada= dos calices con sus respectivas Patenas = el copon tambien de lo mismo, las tres oleeras tanvien de idem= el Biril con qe se espone á su divina Majestad= el Relicario pa llevar el Biatico a los enfermos = un Yncensario con su naveta de idem= qe son las unicas qe hemos encontrado y hay pa el uso preciso del servicio de la Yglesia; advirtiendo qe aunqe se hallan fundadas en la misma hasta cinco cofradias con diferentes advocaciones, como no posehen Rtas algunas, y solo se conservan á devocion de los mismos fieles, y con las limosnas con qe contribuien en las especies de maís, Lino al tiempo de las cosechas, nunca tienen mas caudales ni fondos sobrantes qe los precisos pa atender al cumplimto de sus cargas y atenciones: tanvien se halla sita en los terminos de esta Parroquia una ermita con la advocacion de Sn Bartolome qe percive de renta unos doce ferrs (ferrados) de mediado qe no llegan para el alunvrado, Retejo y mas composiciones.../

Publicación en El Pueblo gallego do roubo en O Hío. Arquivo do autor

Xa no século XX, o templo da parroquial do Hío tamén foi escenario dun roubo. Segundo a consulta feita en varios xornais da época, o feito aconteceu no mes de agosto de 1926, concretamente a noite do 21 para o domingo 22 cando exercía o sacerdocio nesta parroquia do Hío Ricardo Touriño Gamallo. Os ladróns, así o expresa a prensa antiga, apoderáronse dunha escada que se atopaba no eido da Casa Reitoral e que foi trasladada ata a igrexa. Deste xeito conseguiron subir ata o tellado, lugar por onde accederon ao interior do templo. Os cacos roubaron un importante e valioso botín formado por: tres cálices de prata, un dos cales era moi antigo e tiña un gravado, tres patenas e culleres do mesmo metal, un incensario coa inscrición “Hío” que databa do 1716, unha naveta coa inscrición “Hío Aldao” (cremos que relativa aos que foron irmáns e reitores no Hío no s.XVII, Ventura e Justo Pastor Aldao y Taboda) , dúas coroas de imaxes, tres copas, un hisopo e unha barra de 70 cms. de longo e un espesor de 1 cm. todo do prezado metal. Parece ser que non deron cos amigos do alleo.

Publicación do roubo en El progreso o 25/08/1926.

Publicación do roubo en El progreso o 25/08/1926. Arquivo do autor

(*) Veciño do Hío

Compartir el artículo

stats