Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Néstor Rego chama en Cangas a participar masivamente nos actos do “Día da Patria”

O deputado do BNG reclama “unha Galiza con capacidade para decidir”

O acto de Cangas celebrouse no Parque da Palma. | // FDV

O parlamentario do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, participou o venres pola noite nun acto público organizado pola formación nacionalista en Cangas, donde chamou a “participar de maneira masiva” na manifestación convocada para hoxe en Santiago de Compostela. O deputado reclama “maior capacidade de decisión para definir o futuro da Galiza” e reivindicou o papel do nacionalismo galego. No acto tamén falaron a voceira do BNG en Cangas, Mercedes Giráldez, a deputada provincial María Ortega, o deputado no Parlamento Galego Paulo Ríos e a militante de Galiza Nova Sara Piñeiro.

“Galiza sen límites” é o lema escollido polo BNG para a campaña de 25 de xullo, “Día da Patria Galega”. En Cangas, o Bloque invocou a todas as persoas “que pensan que Galiza ten que ter maior capacidade para decidir o seu futuro e sobre os seus recursos”, e reclama que se traduza nunha “contestación social ás políticas que se están a tomar no Goberno do Estado e a Xunta de Galiza e que prexudican os intereses de galegos e galegas”. Néstor Rego abundou na necesidade de lograr máis soberanía “para pór todos os nosos recursos ao servizo da sociedade e favorecer o desenvolvemento social e económico”, e fixo un chamamento a confiar nas potencialidades propias do país para “mudar o presente e transformar o futuro” , segundo precisou a formación nacionalista.

Compartir el artículo

stats