Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As 4R de A Rúa: Un paso máis, un lixo menos

O Ceip promove, desde a aula de música, un “recuncho sonoro” con materiais reciclados

Alumnas e mestras, traballando no "recuncho sonoro" do patio do colexio. | // CEIP A RÚA

Para a construción deste “recuncho sonoro”, as súas promotoras utilizaron as estruturas da antiga horta e do invernadoiro, trasladando os bancais á parte traseira da escola. “Con esta instalación musical pretendemos que os nenos e nenas gocen coa creación, coa investigación, coa experimentación do son que producen os distintos materiais e que poñan en valor a súa contorna máis próxima co seu coidado, a reutilización e a reciclaxe”, sinala a profesora, e abonda en que construíron ese espazo con distintos materiais “que producen sons diferentes”, como plásticos, madeiras, cunchas, pedras e metais.

Campás con botellas realizados polo alumnado de Infantil. | // CEIP A RÚA

“En Infantil traballamos os plásticos e creamos campás con botellas. En primeiro e segundo traballaron con madeira. Realizaron un paseo coa súa familia por algún dos nosos montes e recolleron un pau de madeira resistente e cunhas medidas determinadas. Con eles creamos un instrumento conxunto”, explica. “En terceiro e cuarto cursos traballaron coas pedras e cunchas e realizaron unha visita aos nosos areais. Con este material construimos móbiles sonoros”.

Unha rapaza do colexio disfrutando do traballo ben feito. | // CEIP A RÚA G.M.P.

Ao mesmo tempo, e de forma voluntaria, as alumnas e alumnos participantes tiveron unha segunda misión: aproveitar a visita e desfrute da contorna para facer unha pequena recollida de lixo, sempre protexidos con luvas. “O lixo atopado tirámolo no contedor máis próximo”. Antes, fixeron unha foto e enviárona ao correo da aula de música, musicaarua@gmail.com Estas fotografías foron proxectadas na clase para intentar concienciar sobre a cantidade de lixo que se tira ao mar e aos nosos montes, o tipo de lixo, a quen podía pertencer... Por outra banda foron publicadas na web do colexio, animando a toda a comunidade educativa da Rúa a facer esta práctica. “E por último fixemos un lema entre todos e todas para a nosa campaña de Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recoller: “As 4R de A Rúa. Un paso máis, un lixo menos”.

Rapaces do colexio recollendo residuos para reciclar e converter en material sonoro Ceip A Rúa

Esta campaña quere animar a tódalas comunidades educativas do Morrazo a seguir esta iniciativa e convidalas a enviar ao correo da aula de música do colexio as súas fotos, indicando o espazo natural onde foron tomadas e así mellorar e poñer en valor a nosa contorna máis próxima. Estas fotografías serán publicadas no blog. O correo ao que poden remitirse estas aportacións é as4rdearua@gmail.com.

Traballo con cunchas de bivalvos recollidas nas praias de Cangas Ceip A Rúa

“Queremos agradecer a vosa colaboración e por embarcarvos neste proxecto músico-ecolóxico”, celebran desde o Ceip A Rúa.

Compartir el artículo

stats