Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sara Rodríguez, Nerea López e Alba Guzmán, premios María Soliño

As tres premiadas xunto ao poeta e membro do xurado Xosé Daniel Costas. Gonzalo Núñez

O IES María Soliño de Cangas pechou onte o curso 2020/21 coa entrega de premios do seu trixésimo quinto certame poético, un concurso que este ano tivo un marcado carácter feminino posto que todos os premios recaeron en mulleres, que ao finalizar o acto leron algúns dos poemas gañadores.

Na categoría A, dirixida para o alumnado de ESO, o primeiro premio quedou declarado deserto. O xurado otorgou o segundo a Sara Rodríguez Vilar, de 3º de ESO do IES Mendiño de Redondela, e o terceiro a Nerea López Iglesias, de 4º de ESO do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Unha das premiadas recita os seus poemas tras a entrega dos premios. Gonzalo Núñez

Na categoría B, dirixida ao estudantado de bacharelato e de ciclos de grado medio, tamén quedou deserto o primeiro galardón. Só se entregou un segundo premio, que foi para Alba Guzmán Falcón, alumna de segundo de bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

O xurado do XXXV Certame de Poesía María Soliño estivo composto pola profesora e autora Iria Collazo, natural de Barro e afincada en Moaña, onde da clase de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, e polo poeta e concelleiro moañés Xosé Daniel Costas. Collazo vén de gañar o Certame de Poesía Torre de Caldaloba con “A casa queimada”, mentras que Costas é un dos autores máis relevantes da xeración do 2000 e gañou premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón ou da AFundación. Desde o instituto cangués agradeceron a colaboración e dispoñibilidade dos integrantes do xurado, así como a colaboración da biblioteca do propio centro educativo cangués, o seu equipo de Normalización Lingüística, o equipo directivo e de todos os departamentos.

Compartir el artículo

stats