Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Leonor Fernández, un século de vida

A veciña do Hío cumpre hoxe 100 anos rodeada pola súa familia

Leonor Fernández, rodeada da súa familia coa tarta para celebrar os seus 100 anos. | // FELIPE FUENTES

Acadar a idade de 100 anos non é algo fácil, e menos cos tempos pandémicos que corren. Na parroquia do Hío, existe o caso de dúas irmáns centenarias, Esperanza e Carmen Gutiérrez, de 104 anos a primeira e a segunda a piques de cumprir 103 o próximo mes de maio.

Acaba de sumarse e de subirse a este carro centenario Leonor Fernández Lemos, nacida na aldea de Vilariño, na parroquia de santo André do Hío, o 28 de abril do 1921. Seus pais foron Custodio Fernández Martínez e Leonor Lemos Rial. Segundo consultamos a partida de bautismo de Leonor, seus avós paternos foron Agustín e Antonia e maternos, Manuel e Antonia.

Leonor Fernández cunha das súas netas e os máis novos da familia. Felipe Fuentes

Casou con José Otero Paz e tiveron por fillos a José Manuel, catedrático xubilado de Latín de Ensino Medio no I.E.S Santo Tomé de Freixeiro de Vigo e a Jesús Salvador, propietario dun coñecido local de hostalaría na citada parroquia canguesa. Tiveron de alugueiro un muíño eléctrico na veciña parroquia de Aldán que se chamaba “La Molinera”. Máis tarde seu home mercou un camión e dedicouse ao transporte de mercadorías.

A nosa protagonista traballou durante anos na panadería Iglesias e tamén exerceu como atadeira. No peirao de Aldán reparaban e confeccionaban as artes de pesca para as embarcacións dos coñecidos armadores Cerviño de Aldán, os Barreiro coñecidos popularmente como “Os Charrúa” e tamén para os Valladares.

Leonor Fernández, que hoxe cumpre 100 anos. Anxo Coya

Xubilouse aos 66 anos e enviuvou no 1971. Hoxe acode diariamente a un centro de persoas maiores. Conta con cinco netos e outros cinco bisnetos. Queremos felicitala polo século de vida e desexarlle que para o vindeiro ano conte os 101. Moitos parabéns.

Anxo Coya

*Veciño do Hío

Compartir el artículo

stats