Compañía Eléctrica preséntase cunha fábula sobre Carapuchiña Vermella

A estrea “Aibo” o sábado ás 18.00 h no Auditorio de Cangas

Unha escena de “Aibo”, que se estreará o sábado no Auditorio de Cangas.  |  // COMPAÑÍA ELÉCTRICA

Unha escena de “Aibo”, que se estreará o sábado no Auditorio de Cangas. | // COMPAÑÍA ELÉCTRICA / Redacción

Redacción

Cangas

A Compañía Eléctrica é un novo grupo teatral que se creou en plena pandemia e que o vindeiro sábado preséntase oficialmente coa estrea da súa primeira produción, titulada “Aibo”. Trátase dunha fábula moderna inspirada no clásico conto da Carapuchiña Vermella. É un espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partir de tres anos.

A compañía está integrada por Iria Pinheiro e Suso Jalda de modo permanente e na que tamén colaboran artistas como a música e actriz Areta Bolado, o músico Paulo Pascual e a tamén música e actriz Ailén Kendelman.

“Aibo” significa “compañeiro” en xaponés e a fábula que se presentará no Auditorio de Cangas pretende ofrecer unha ollada positiva sobre a relación do ser humano coa natureza e co trato con aqueles seres diferentes. A historia está estruturada partindo do chamado “kishotenketsu”, unha técnica narrativa oriental dividida en catro actos nos que se amosa eventos que en apariencia non teñen relación, pero en conxunto integran un todo que os trascende.

O espectáculo estréase o sábado 27 de febreiro, a partir das 18.00 horas no Auditorio de Cangas. A obra ten unha duración de entre 30 e 45 minutos e interveñen as actrices Areta Bolado e Iria Pinheiro; Ailén Kendelman coa voz en off; a música é de Paulo Pascual; a técnica é de Suso; e o vestiario corresponde á propia Compañía Eléctrica e a Sandra Pérez.

Tracking Pixel Contents