Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O colexio de Castrillón cumpre o seu 50 aniversario

Lauro Xosé Pedreira, director en varias ocasións entre 1977 e 1985, lembra o inicio

O colexio Castrillón no seus comenzos nos anos 70. | // CEDIDA

Con neve o 14 de xaneiro de 1987. | // CEDIDA

Clausto do profesorado no ano 1975. | // FDV

Estado actual do edificio que foi reformado fai dez años. | // FDV

No colexio agrupáronse as catro escolas unitarias da parroquia de Coiro. As dúas de nenas, no Cruceiro e o Forte; as dúas de nenos, na Retirosa e o Carballal, e a de orientación marítima do Forte. Se exceptuamos a unitaria da Retirosa, as demais ocupaban locais en condicións precarias. Todas tiñan unha matricula excesiva, 70 ou 80 escolares con idades entre 6 e 12 anos. O mobiliario estaba moi deteriorado e o material didáctico era escasísimo.

En consecuencia, a necesidade de construir un colexio que agrupara ás unitarias existentes, e fixera posible a creación de novas unidades escolares, que acolleran a excesiva matricula, resultaba evidente. Os docentes que entón rexentabamos as referidas unitarias, Dna. Isabel Caramés, Dna. Áurea Rodriguez, Don José Castro, Don Emilio Buela, e quen esto escribe, que padecíamos as penurias anteriormente descritas, agardábamos que a construción do novo centro mitigara as eivas que para todos, alumnos e profesores, supoñía a situación presente.

A construción do novo centro tiña rematado a finais do verán de 1970. Consultando na entón Delegación Administrativa de Educación, o Sr. delegado D. Miguel A. Artazos Tamé, comunicounos a D. José Castro e a min, que non estaba previsto que o Colexio funcionara no curso escolar 1970-71, pois nin tan siquera tiña sido creado oficialmente.

Diante desta evidencia, e despois de sopesar posibles alternativas que permitiran trasladarnos ó novo edificio, ainda que fose de xeito provisorio, decideuse solicitar unha entrevista co rector da Universidade de Santiago, D. Manuel García Garrido,- que tiña casa en Menduiña e acostumaba estar ali nos veráns e noutras datas,-coa finalidade de ver se nos podía botar unha man en apoio ás nosas pretensións. Concertada a entrevista aló polo mes de novembro de 1970, fomos a falar con el: D. Manuel Vivero, párroco de Coiro, D. José Castro,maestro no Carballal, (ambolos dous finados),e eu, entón maestro na Retirosa.

Explicámoslle a situación na que se atopaban as escolas de Coiro, e o feito de que as obras do colexio estaban rematadas e sen poder trasladarnos ó mesmo. Amablemente atendeunos e manifestounos que intentaría contactar cós órganos correspondentes, para ver as posibilidades de remediar a situación que lle expoñiamos. Descoñezo os detalles das xestións realizadas polo rector. O certo e verdade é que a Delegación de Educación autorizou o traslado das unitarias ó novo edificio, eso si , coa obriga de que tiñamos que levar o mobiliario e o material didáctico existente, pois o novo mobiliario e material non chegaría ata o comezo do curso 1971-1972.

Asi foi como, o 07-02-1971, votou a andar o Colexio de Castrillón-Coiro, que agora cumpre 50 anos. Dende entón, froito do traballo de alumnos, profesores e pais, este centro escolar- que foi o meu ó longo de 18 anos- conseguiu o progreso e a mellora educativa de varias xeracións. Para todos eles vaia a miña felicitación e o meu agradecemento por tantos momentos vividos a seu carón. Como dí a letra do himno do Colexio:

“Mañán é o noso día

e na porfía do estudo e da ilusión,

empeñamos a vida

e lembramos Castrillón.

Sempre ó pé da ría

e rente ó corazón”.

(*) Director do colexio Castrillón en varias etapas entre os anos 1977 e 1985.

Compartir el artículo

stats