Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A regueifa vence ao virus en Moaña

Obradoiro de regueifa o venres pasado no colexio de Tirán con Luís “O Caruncho” e Lupe Blanco. | // FDV

Os coñecidos regueifeiros Luís “O Caruncho”, Pinto d´Herbón e Lupe Blanco empezaron os obradoiros nos colexios de Moaña para o certame virtual de poesía improvisada o regueifa que o Concello convoca por primeira vez para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e que se suma ó certame comarcal de regueifas àra o alumnado de 2º de ESO que desde 2017 convocan os Concellos de Cangas, Moaña e Bueu, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e os centros educativos. Durante unha mañá centos de rapaces competían no Auditorio de Cangas pola mellor rima. O COVID non permitirá o certame presencial este ano no Auditorio, pero o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamarina, espera que poda celebrarse de xeito virutal e facer igualmente os obradoiros. O concelleiro entende que “esta forma tradicional de improvisación en verso é un interesante recurso para fomentar a oralidade en lingua galega entre a xente nova, espertando a súa creatividade e mellorando a competencia lingüística e musical.

Ademais, deste certame, o Concello de Moaña organizou en 2019 un curso de formación para o profesorado no que se puxo en valor o importante recurso didáctico que supón a actividade de improvisación na aula.

A idea do I Certame Virtual de Poesía Improvisada naceu na reunión anual de coordinación entre a Concellería de Normalización Lingüística e as persoas Coordinadoras dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de todos os centros que tivo lugar o pasado mes de outubro de 2020.

Coa colaboración dos sete colexios de Infantil e Primaria (CEIP) de Moaña (Domaio, A Guía, Reibón, Seara, Quintela, Abelendo, Tirán) o Concello organiza 10 obradoiros de regueifa, un en cada grupo de 5º ou 6º, impartidos polos coñecidos regueifeiros Luís “O Carucho”, Pinto d’Herbón e Lupe Blanco, entre o luns 25 de xaneiro e o luns 8 de febreiro.

As regueifas finalistas, na televisión escolar de Moaña

Despois, cada aula grava e envía vídeos do seu alumnado regueifando, dos que serán seleccionados 2 vídeos por aula para a fase final. Os vídeos finalistas publicaranse nunha pestana específico da Caranvexo TV, a televisión escolar de Moaña e o día 9 de marzo coñeceremos o vídeo gañador, decidido por un xurado formado por diversas persoas con experiencia e coñecementos no eido da regueifa, da música ou da lingua. A temáticas dos vídeos é libre, en cada video debe aparecer unha única persoa e incluirá cuatro estrofas de 4 versos cada unha.

O premio será un roscón, tamén chamado regueifa, para todo o alumnado da aula gañadora.

Compartir el artículo

stats