Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carta de Loliña Chamadoira a Xosé Manuel Pazos

Loliña Chamadoira, no seu pregón nas Festas do Cristo de 2019. |

Ben querido Xosé Manuel: Sempre virás comigo no lembro máxico da poesía e dos nosos proxectos literarios. Foches en bora ó país máis aló dos neboeiros. Eu ía a falar contigo e, ás vegadas, non estabas no Concello si non revisando cousas do municipio. Lidabas coas túas obrigas dun xeito que abraiabas e,cando a fin, podíamos falar dicíache eu que así non deberá ser, que era moito para ti. Qué sabería eu do que era pouco ou moito si o venres estiveches alí, coma un capitán de altura guiando a nao no medio do temporal inmenso? Ademirábate pola túa capacidade xestora e planificadora e queríate ben polo modo tan humán teu que traslucía nas conversas das nosas entrevistas. É unha grande mágoa o teu pasamento. Onte, o mesmo que hoxe o día estaba acolledor, moi galego. Embrullabanos o neboeiro, as nubes mestas alongándose ata os nosos tellados. Está un tempo de lecer na casa ó carón dun bo lume e una cunca de viño morno que nos leva a nenez nos nosos fogares agora cheos de saudade. Non me saen as verbas axeitadas que eu querería para ti. O ano 2019, estamos ámbolos dous moi ledos nuns retratos do pregón das festas do Cristo. Sentimentos esteados énchenme neste intre de ledicia e mágoa nun embrullo de ausencias. Agardaba que pasara todo isto que estamos a vivir para voltar a verte e planificar una nova presentación dun libro. A nosa amizade esguellada faise nidia e fonda na reflexión dos intres compartidos. Agarimo e agradecemento como rexidor da Vila dos meus soños, Cangas, porque me destedes a oportunidade de dicirlle o que vai na miña alma de rapaza canguesa a todolos vecinos dela. O meu sentir máis querndoso para ti, compañeiro, mestre coma min na formación de futuros cidadans ceibes, amantes da cultura, nos que apousentamos a nosa man conciliadora na percura dun mundo máis xusto. Os que eu amo, son parte do ceo estrelecido. Alí estarás ti, meu amigo, na concencia deste pobo druida e ventureiro.

*Canguesa autora do libro “O asubío do tempo”

Compartir el artículo

stats