Xosé Manuel Pazos foi, ante todo, un home da cultura. Poderiamos falar da súa faceta máis persoal como actor, traductor e escritor. Pero nun aspecto máis colectivo, A asociación cívico-cultural Xiria existe porque persoas como el pensaron que había que crear ámbitos nos que se acollese a enerxía cultural que abrollaba en Cangas. A Mostra de Teatro foi unha iniciativa que axudou a constituír e que apoiou incondicionalmente desde a súa responsabilidade como Concelleiro, primeiro, e como alcalde despois. A el, que sempre foi moi retranqueiro, gustáballe gabarse de que non era un mestre, que era un actor subvencionado pola Consellería de Educación. Conectado coas correntes da vangarda educativa foi protagonista de iniciativas para introducir o teatro na escola, coas que se comprometeu persoalmente. Desde a amizade, unha lágrima polo amigo que sempre será presente para Xiria e a Mostra de Teatro de Cangas.