A campaña do Concello e dos centros de ensino “21 días en galego” comenza mañá en Moaña. Os estudantes falarán na lingua propia ata o 14 de febreiro. O goberno local apelou ao compromiso co idioma da sociedade civil, en colaboración co estudantado.