Os alumnos de Moaña comezan a campaña para vivir durante 21 días en galego

A alcaldesa emite un Bando para que os veciños se sumen á iniciativa

No 2020 a campaña rematou cun festival.   | // G. NÚÑEZ

No 2020 a campaña rematou cun festival. | // G. NÚÑEZ / Fran G. Sas

Moaña

O Concello de Moaña e os centros de ensino da vila poñen en marcha, por terceiro ano, a campaña “21 días en galego”. A intención é que os estudantes falen na lingua propia entre o luns 25 de xaneiro e o vindeiro 15 de febreiro. Neste senso a alcaldesa, Leticia Santos, emitiu un bando animando aos veciños que empregan habitualmente o castelán “a que asuman o desafío de botarse a falar en galego as 24 horas do día durante esta campaña”. Alega que a veciñanza “vivirá os problemas cos que se atopan as personas galegofalantes e sentirá a satisfacción de recuperar o noso xeito de falar”.

Cada centro de ensino enviou unha carta informativa sobre a campaña ás familias. Os alumnos de infantil, 1º e 2º de Primaria traballarán nas escolas con actividades arredor da lingua galega e levarán de agasallo unha viseira co logo da campaña.

É o alumnado maior, entre 3º de Primaria e Bacharelato, o que adquire o compromiso de falar só en galego durante 21 días. Os estudantes levarán unha insignia identificativa e participarán na gravación de vídeos colectivos que se farán públicos na web Caranvexo.gal.

Como non pode haber gala final, quen acade o reto levará de premio unha camisola da marca local “Afouta”, coa colaboración do grupo NAO Galiza. O Concello promoverá actividades nos colexios nestes días, como obradoiros de regueifa para os de 5º de Primaria ou os obradoiros “O mundo de Inho” para os de 6º curso.

Tracking Pixel Contents