Non estamos xa no mes de maio, mais iso non ten porque ser un impedimento para celebrar algúns dos actos do Día das Letras Galegas que daquela tiveron que ser adiados por culpa da pandemia do Covid-19. Unha desas actividades foi o Correlingua, unha iniciativa que neste 2020 celebraba o seu vixésimo aniversario e que cada ano reúne en distintos concellos a máis de 20.000 rapaces. Nesta ocasión será cun formato máis reducido e axustado ás circunstancias sanitarias actuais e chegará mañá xoves a Moaña, coa actuación de Isabel Risco e A Gramola Gominola, que estarán no centro social Daniel Castelao a partir das 11.30 horas.

Ao evento asistirán alumnos do concello moañés, iso si, respectando todas as medidas sanitarias de prevención contra o coronavirus e gardando a distancia interpersoal esixida, como xa se fixo nos Correlingua celebrados nos últimos días no Rosal. Para que as actividades e as actuacións podan ser accesibles a todo o alumnado o evento vaise retransmitir a través de Youtube e pódese seguir a través do enlace https://youtu.be/Yzbpdkr1RhY. Esta festa da lingua estará hoxe no CEIP de Xeve, en Pontevedra, con Luís O Caruncho e Cuarta Xusta, gañadores do Cantalingua.

O Correlingua cumpre 20 anos e trátase dunha iniciativa organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e sección de Ensino do sindicato CIG.vencións esixidas, incluíndo as limitacións de alumnado nos recitais. É unha proposta de carácter “lúdico, educativo e reivindicativo”, que nestas dúas década de traxectoria recolleu galardóns como o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña polo seu “destacado compromiso coa lingua, capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades”.