O Concello de Moaña colabora coa Mesa pola Normalización Lingüística no impulso dunha proposición non de lei por iniciativa popular para que a TVG cree unha “Canle Xabarín” que emita programación infantil 24h na nosa lingua cunha App dinámica e atractiva. E onte, no salón de plenos, presentou a campaña de recollida de sinaturas cun acto organizado polo edil de Normalización Lingüística, Aldán Santamarina, e conducido polo cantante e membro do grupo “Diplomáticos de Montealto”, Xurxo Souto, que interpretou pezas ao acordeón; e ue contou tamén con actuación de poesía con María Lado e Miguel Ángel Alonso e musical con Tono e Berto, dos Lelli Kellys, que cantaron versións dos éxitos do Xabarín Club dos anos 90.

Unha enquisa promovida polo Concello de Moaña hai uns anos revelou que só o 4,2% das crianzas moañesas menores de 12 anos usan o galego de forma maioritaria. Nesa enquisa constatábase a pouca televisión que escoita a infancia na nosa lingua (3.2 sobre 10), manifestou o edil de goberno. 

“Coa Canle Xabarín conseguiremos que as nosas nenas e nenos teñan referentes divertidos en galego e un maior contacto coa lingua, e conecten tamén coa nosa produción cultural como aconteceu nos anos 90 co Xabarín Club. Naquela época todos os grupos rock gravaron a aúa canción para o xabarín, que se converteu en referente desenfadado non só para crianzas, senón tamén para a mocidade”. 

Por eso que Aldán Santamarina quiso presentar a campaña programando unha presentación da campaña “precisamente coa esencia do que significou o Xabarín, con Xurxo Souto, un grande comunicador, escritor e cantante dun daqueles grupos do xabarín: Os Diplomáticos de Montealto. A poesía de María Lado e Miguel Ángel Alonso e a música rock dos Lellie Kellys”. 

Dentro da campaña, na Casa da Mocidade hai unha exposición “Xabarín18” desde o luns con deseños sobre o xabarín. 

Os veciños poderán pasar a asinar a partir do luns 26 (polas mañás no Concello e polas tardes na cMo - Casa da Mocidade).Requírese ser maior de idade.

As sinaturas tamén poden facerse noutros puntos da comarca. En Bueu, nas librerías Miranda e Abrente e na localidade de Cangas, nas librerías Vilafer e Marcaxe,tal e como consta no mapa da Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia. Neste mapa, na web da Mesa, aparecen os puntos de recollida de sinaturas para ese fin de aumentar a oferta en galego destinada á infancia e a mocidade nas televisións públicas a través de ese canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de producción galega e dispoñibel en todas as plataformas dixitais.

O cantante Xurxo Souto na súa actuación no salón de plenos de Moaña. // Santos Á.