A cervexa
Ainda que saíndonos un pouco do tema, non podemos deixar de facer un comentario sobre a cervexa, bebida que ben puideron introducir na Gallaecia os suevos da Xermania e moi popular desde a Idade Media, pero que polos datos que temos non se envasaría comercialmente ata 1905 en que Mariano Zaera abre unha fábrica en Sarria. Após esta data sábese que en Vigo tamén a fabricaban Moreiras y Cía. e García Bañón. Porén, unha das marcas máis difundidas por todo Galicia foi El Águila Negra que se fabricaba en Colloto (Oviedo) sendo que unha das suas variedades, a tipo "Brune", anunciábase como moi eficaz para os enfermos convalecentes. Cara o comezo do anos vinte vai aparecer La Austríaca que distribuía en Cangas Manuel Mariño e logo La Cruz Blanca, ambas marcas pertencentes a Cervezas de Santander que en 1925 abriría unha fábrica na Barxa en Vigo. Esta fábrica sería a que fabricase desde 1970 a marca Skol, desaparecendo de Vigo en 1989 e vindo a ocupar este mercado a coruñesa Estrella de Galicia.
En Santiago, no ano 1930 tamén abrirían unha fábrica de cervexas os Hijos de Baltasar Escudero que non perduraría no tempo. Nestas datas era frecuente atopar xa equipos de futbol patrocinados por marcas como Orange Crush ou cervexas Damm, outras das marcas pioneiras chegadas de fóra, esta concretamente desde Cataluña. De curto percorrido e co aval da Caixa de Aforros local, foi a creación en Ourense, a comezos dos anos setenta, da fábrica de cervexas San Martín que fracasaría a pesar de elaborar unhas cervexas de alta calidade para estas datas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Acude a Urgencias de Cangas sin DNI y le mandan firmar un parte de factura
- Massó busca su futuro con un plan de recuperación
- Un prodigio del mar en Bueu
- Cerca de 800 personas gritan en Cangas contra el turismo «caótico y egoísta»
- Los vecinos ven un problema en la solución de los parkings disuasorios en playas de Cangas
- Cangas negocia con Canvives un parking subterráneo de 2 plantas en Altamira
- Dolores Hermelo presidirá el PP de Cangas al frente de una gestora con 19 miembros
- Un vecino de Bueu de origen albanés, entre los ocho detenidos en una operación por un alijo en Marín