Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Proceso de envasado

Nas primeiras fábricas, pouco mecanizadas, a elaboración do chamado xarope comezaba coa adquisición das materias primas como eran a esencia de limón (a veces laranxa e mazá) e a sacarina ou azúcar, ainda que este pouco usado polo seu alto custe. Estes ingredientes mesturábanse nun recipente tipo barreño e logo coábase a mestura cunha tea ou tamiz. Outro produto adquerido eran as botellas de gas carbónico a presión que se conectaban á máquina que o mesturaba coa auga. Entanto, lavábanse as botellas de ¼ ou 1 litro nun tanque con auga quente, esfregándo o interior das mesmas cun cepillo, engarzado nun arame que permitía chegar ao fondo para quitar os residuos se xa fosen das usadas. En caso de suciedade incrustada, axitábase o envase con auga, xabón e perdigóns para removela. Logo aclarábanse e colocábase cada unha nun espeteiro con paus, boca abaixo para que escorresen. Unha vez secas púñanse en caixas de madeira de 6 envases, ás máis grandes e de 24 as pequenas, procedendo cun medidor e un funil a engadirlle unha cantidade de xarope. Despois pasaban á máquina recheadora que conectada coa mesturadora do gas permitía ir enchendo as botellas que de seguido se taponaban con diferentes sistemas para que o gas non fixese saltar o tapón.

Os chamados sifóns, cun vidro de maior espesor, enchíande un a un nunha máquina especial que polo bico do capuchón e co envase boca abaixo, introducía a dose xusta de auga carbónica para que non rebentase, ainda que non sempre era así, facendo desta, unha operación de risco.

Compartir el artículo

stats