O poeta de Moaña Luis Chapela Bermúdez presentará mañá -venres 28 ás 21.00 horas- no salón de plenos da vila o seu novo poemario titulado "Fendas". Trátase dun libro que recolle "poemas de memoria, de lugares, persoas e outras cabilacións que cursen en calquera momento", explica o propio autor.

A portada é da artista Luz Beloso e a contratapa de Luis Chapela Lorenzo. A corrección correu a cargo de Paula Soto e o mestre debuxante Evaristo Pereira ilustrou seis poemas.

O propio Pereira estará na presentación xunto a Montse Fajardo, que se encargou do prólogo. A Luis Chapela o acompañará tamén o poeta Daniel Costas. Cun aforo limitado a 45 personas, o acto contará coa música de arpa de "Paulino da Seara".