Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Sobre a mexilla

As circunstancias extraordinarias desta campaña de recollida de mexilla, agravadas polos altercados intensificados durante o mes de maio, obrigáronnos a solicitar a ampliación do prazo para o mes de xuño. No transcurso do último mes, e co ánimo de intentar calmar a tensión, houbo reunións con Mar e coas confrarías; son estas quen manifestan que a orixe desta situación ven dada pola sospeita que a extracción de mexilla dana os bancos de percebe, agravado por non poder eles realizar a recollida do mesmo polo confinamento. O sector bateeiro rexeita esta afirmación, a recollida de mexilla non dana o percebe, a súa semente fíxase nos exemplares adultos, non no mexillón (hai estudos abondo que así o recollen) e o que vemos é un interese económico na mexilla para vender aos bateeiros. Aínda así, en aras de que remitiran os incidentes e eliminar a suspicacia do presunto dano ocasionado, prestámonos a pasar controis de toda a mexilla para verificar que non recollemos percebe.

Esta proposta non foi asumida e as confrarías quedaron en propor uns puntos moi concretos vedados para recoller mexilla e evitar enfrontamentos. O que ían ser puntos concretos convértense en amplas zonas que fan inviable calquera entendemento. Co fin de ampliar o mes de xuño para que os bateeiros rematen coas súas necesidades de cría para a futura colleita, propón o sector bateeiro puntos moi concretos nos que non recolleríamos mexilla en xuño. Foi rexeitado. Na reunión mantida no onte coas confrarías e Mar, é esta quen nos indica as zonas que quedan vedadas para a recollida de críaen xuño, advertindo que si os bateeiros acceden a estas zonas remátase automaticamente a prórroga. Non estando de acordo coa proposta, non nos queda mais remedio que acatala.

Por último manifestar:

Que rexeitamos de pleno o uso da violencia para impedir a recollida de mexilla o que os bateeiros teñen dereito por lei. O noso malestar ante a impasibilidade das forzas da orde para que os bateeiros poidan exercer a súa labor. Rexeitamos toda acusación de dano os bancos de percebe. Exerceremos as accións legais pertinentes contra persoas físicas ou xurídicas que prexudiquen a realización do noso traballo. Defenderemos sempre o dereito que temos a recoller mexilla, inherente á nosa concesión, que fai que hoxe en día o sector sexa estratéxico e poña o nome de Galicia no mundo. Por último lamentar vernos implicados nunha situación que dana a imaxe do sector do mar da nosa terra.

Compartir el artículo

stats