A Concellería de Cultura de Bueu celebrou onte do Día de Rosalía cun acto público no parque de Ramal dos Galos, diante da biblioteca municipal. Comezou coa lectura do manifesto deste ano, que vén firmado polo escritor e Premio Johán Carballeira de poesía, Daniel Asorey e que leva por título "Ambos errantes polo mundo andamos".

A celebración incluíu o recitado de poemas de Rosalía, o reparto de libros e un obradoiro de regueifas con Kike e Josinho. Os participantes tiñan que combinar uns versos de arranque ou de peche con outros da poeta galega. A actividade contou coa colaboración da estación do Areeiro, da Deputación de Pontevedra, que donou sementes de camelia que foron repartidas entre os asistentes.

Cultura inclúe os actos do Día de Rosalía dentro do programa Tintas Femias 2020, co que busca poñer en valor a creación literaria en clave feminista, explica o concelleiro Xosé Leal.