| O IES Illa de Ons pechou esta semana as actividades do programa "21 días en galego e +" cun acto no Centro Social do Mar. Alí estiveron representantes da corporación, co alcalde Félix Juncal; a poeta Míriam Ferradáns, quen ofreceu un recital; ou o grupo musical Dezapal. O acto serviu para entregar os premios do concurso lingüístico e durante o mesmo proxectouse un video cun saúdo do secretario xeral de Política Lingüística e do presidente da Real Academia Galega.