Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Batería en Cangas contra os "yanquees" (I)

No Monte da Chan iba a artillarse unha guarnición na Guerra de Cuba ante unha posible invasión norteamericana

Estado do acorazado "Vizcaya", tras a batalla de Santiago. // Arquivo do autor

En plena expansión do colonialismo por parte das grandes potencias mundiais, fixo que os Estados de América puxera os seus ollos na Perla do Caribe. Non era unha novidade. Fixérao por primeira vez o 25 de maio de 1848, con unha mareante oferta de 100 millóns de dólares a cambio de Cuba e Porto Rico que España rexeitou absolutamente. En 1854, novamente diplomáticos norteamericanos ofrecen o goberno de España a cantidade de 120 millóns, advertindo que de non aceptaren a nova proposta, solicitarían a invasión militar, e desa maneira facérense donos das illas pola forza. A pesares das explícitas e contundentes ameazas americanas, o goberno de España seguiu na súa postura firme e inamovible.

Nese constante estado de alerta, en 1898 os americanos deseñan un novo plan para introducirse novamente en Cuba, aproveitando o conflito na sociedade cubana entre partidarios da independencia, e quen prefería manter fidelidade a España. Nese contexto, non foi casual a entrada do acoirazado norteamericano Maine no porto de Habana, o 25 de xaneiro do 1898, entre outras cousas, porque non solicitou o obrigatorio permiso de entrada a porto, xa que estaba nun país estranxeiro, e por mentir o dicir que viña en visita de amizade para defender os intereses dos cidadáns americanos residentes na illa. Non tardaron moito os "yankees", e mostrar as súas pretensións, o facer estalar o acoirazado "USS Maine", no mesmo porto da Habana, cando eran as 21:40 horas do 15 de febreiro de 1898, e cando a totalidade dos oficiais americanos asistían a un baile, invitados polas autoridades españolas na Illa. Tras anos de continuos intentos e provocacións, por fin, os americanos atoparon a escusa perfecta para declarar o estado de guerra, que España responde o 24 de abril de 1898. Nesta guerra Cangas, tivo unha breve e modesta participación.

A relación de Cangas con esa guerra comezou tras instalarse en territorio cangués unha guarnición militar, localizada no lugar estratéxico de Monte da Chan en Balea, co obxecto de controlar; e mesmo chegado o caso, defendernos ante a posible invasión norteamericana. Aínda que por circunstancias que logo detallaremos, a proxectada guarnición, nunca chegou a estar artillada. Os terreos elixidos, xa estaban en más do Ministerio do Exercito de España, dado o seu valor estratéxico-militar, dende que no ano 1863, foran expropiados os seus antigos donos. Transcorridos preto de 40 anos, ábrese un novo expediente polo que apróbase definitivamente a compra dos terreos, era o ano 1902. Pero houbo que agardar ata o 1908, para facela efectiva a compra. Para elo, tivo que responsabilizarse o Ministerio de Ultramar, e realizar o pago, en atención a Guerra en curso. Abonados os terreos o seus verdadeiros donos, estes foron compensados con uns intereses de demora do 4%, dende o momento da ocupación no 1863, ata o pago definitivo realizado no 1908.

As previsións dicían que a Guarnición de Punta Borneira, sería equipada con tres canóns C.H. R.E. de 15 cm, o mesmo armamento que O Castro (Vigo). Pero chegado o 1902, xusto o ano no que facíase o cordo de compra, a Xunta Local de Defensa, decide abandonar a posición, dadas as posibilidades reais de ser ofendida polo fogo amigo da Batería de Punta Muiño, en Alcabre.

Para os intereses españois , o ano 1898 foi considerado como o ano do desastre. O enfrontamento cos EEUU de Norteamérica resultou ser toda unha ruína, tanto para o numeroso continxente de tropas alí desprazadas, como para as arcas do Estado, que quedaron a rañar fondo. O máis doloroso sen ningún xénero de dúbidas, foi para os centos de miles de españoles que tiveron que marchar forzosamente a terras caribeñas para defender unha das colonias do outrora Imperio español . Tras a desfeita sufrida nese maldito ano 98, as tropas tiveron que volver a España decimadas polas baixas en combate, pola fame, e contaxiados por enfermidades tropicais, todo iso dentro dun ambiente de xeral pesimismo.

Ademais das consecuencias traídas polo incidente do acoirazado Maine, temos que engadirlle o desastre sufrido pola Armada Española na entrada da badía de Santiago de Cuba, a mans de navíos de guerra norteamericanos. O día 3 de xullo do mesmo ano, a flota de guerra española estaba baixo as ordes do Almirante Pascual Cervera, quen, cunhas naves deficitarias, algunhas apenas artilladas, decidiu conducila a morte sen remisión ante a esmagadora superioridade norteamericana. Nese triste episodio tivemos que lamentar a perda de 343 mariños e 151 feridos, ademais de 1890 prisioneiros, mentres que pola parte americana, as perdas foron mínimas: un morto, e dous feridos leves.

Na batalla de Santiago de Cuba a flota española, mandada polo Almirante Cervera, foi desfilando na saída da baía de un en un, ofrecendo branco seguro á flota norteamericana que practicou cos navíos españoles o tiro ó prato. Os mandos militares que mandaron a tropa española á matanza segura, sen un mínimo de humanidade, invitaron á tropa a que "asistáis conmigo a esta cita con el enemigo, luciendo el uniforme de gala".

En cifras, o reconto final da Guerra non puido ser máis negativo para España. Dos 206.074 mobilizados, máis os numerosos residentes na colonia, perdemos un total de 58.000 soldados, 33.808 volveron enfermos, e entre eles, 96 morreron na viaxe de retorno a Península. Era un exército maioritariamente composto por xentes humildes e nada profesionais. As clases acomodadas podían eludir o servicio militar mediante un pago (entre 1200 e 2000 pesetas) que lles permitía liberarse da "viaxe" a Cuba. A repatriación foi un reflexo da derrota. Viaxaron nos barcos da compañía Trasatlántica, en condicións deplorables, sen apenas comida nin atención médica. Ó chegaren a Vigo na gran maioría tivo que pasar corentena no lazareto de San Simón, pois moitos traían enfermidades tropicais (coma febre amarela, disentería, tifus, paludismo etc): morreron moitísimos por contaxio nos lazaretos e foron enterrados en foxas comúns. Nunca se publicaron as cifras globais para así ocultar o problema. Foron levados ás súas casas en condicións limites. Alí viña tamén un grupo de veciños de Cangas : entre eles estaba José Soto. Os demais noméanse no recadro á marxe. Outros quedaron para sempre en terras cubanas, os máis deles enterrados en fosas comúns. Os nomes relaciónanse no cadro (*).

O veciño do Hío

José Otero Lorenzo, veciño do Hío, viña cunha perna amputada. Viaxou a Cangas. Lamentábase de que ninguén da familia o reclamara. Tras por os pés no lar, descubriu que os seus faleceran. A chegada dos repatriados da guerra de Cuba a territorio español resultou ser un espectáculo deprimente, sen apenas axuda do Goberno. Os galegos que loitaron en Cuba formaban un dos continxentes máis numerosos, compoñendo incluso batallóns enteiros. O Goberno promulgou incluso leis específicas que prohibían pedir esmola na rúa ós repatriados de Cuba, moitos deles xa non aptos para o traballo. Na comarca de Vigo estiveron mellor tratados pola veciñanza.

O crecente rumor dun desembarco norteamericano na Península foi aumentando a pasos axigantados. Varios foron os xornais sensacionalistas estranxeiros da época, que puxeron a andar esa interesada historia, historia que caeu en mans do Goberno de España, e enganadamente deulle toda credibilidade. Eses "xornais" con proclamas interesadas, ingleses e yankees, eran propiedade dos editores Josep Pulitzer, e de William Randol Hearts, fillo dun senador norteamericano. A vida de Hearts, fora levada o cine como "Ciudadano Kane", dirixida por Orson Welles no 1941. A película, que tivo problemas para ser distribuída, finalmente foi proxectada, a pesares das presións exercidas polas mafias de quenda. En definitiva, foron eses periodistas que cos seus impactantes titulares alertaron, dunha maneira interesada, da máis que posible invasión da Mariña de Guerra Americana nas costas españolas.

Ante a inquietante situación creada na Península polas reiteradas e persistentes novas aparecidas na prensa estranxeira, o Ministerio de Guerra deu orde o mais axiña posible da creación de numerosas fortificacións o longo de toda a costa española. Desa maneira foi como se tratou de por en activo o Forte de Balea, tamén chamado polos militares "Batería de Punta Borneira", e con ela, a dos Castros, e Punta Subrido, todas elas en Cangas, dada a situación estratéxica que teñen na Ría de Vigo. En troques, a parte sur da ría, a pesares de estar en mellores condicións de defensa, con fortificacións no Castro, Alcabre e Silleiro; recoñecían en tódolos casos a falla de efectivos suficientes en cada fortín, para repeler a entrada dos navíos USA.

Os preparativos para instalar postos de defensa na beira norte da Ría de Vigo, e noutros puntos estratéxicos do resto do estado, para neutralizar o "inminente" ataque norteamericano, resultaron moi custosos, sendo o derradeiro tiro de gracia para as baleiras arcas do Estado. Todo un esforzo baldío. Os americanos nunca apareceron.

(*) Veciño de Cangas

Compartir el artículo

stats