| A poeta bueuesa Míriam Ferradáns presentou o venres o seu novo poemario, "Agosto", nun concurrido acto na biblioteca Torrente Ballester de Bueu. A presentación, organizada pola libraría Miranda, contou coa presenza do poeta Ismael Ramos e dunha representante da editorial Apiario, Antía Otero, que acompañaron a poeta para falar da súa nova obra.