Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Cepa publica o segundo volume de "Ronsel de lembranzas"

O libro recolle a historia doutras 50 personaxes e nos vindeiros días sairán á venda 750 exemplares

Imaxe de carros e carreteiros limpando a antiga praia do Señal. // Foto Santoro

Neste segundo volume do libro "Ronsel de lembranzas" hai outros 50 personaxes con vidas e historias vinculados a Cangas por nacemento, lazos familiares ou residencia, cuxas vidas transcorreron practicamente ao longo do século XX. E tres figuras históricas: Berobreo, Johán de Cangas e María Soliña.

Artistas, pintores, escultores: Carlos Sobrino, Antonio Nores, Xoán Piñeiro, Manuel Coia, Julio Iglesias e Virginia Bamio.

Fotógrafos e documentalistas: Federico Patellani, José Martínez (O Moreno), Sarah Leen, Alax Lomax, Eugenio Eiroa e Dolores Rodal.

Mariñeiros, sindicalistas, municipais, avogados e políticos: Xesús "O Cachiño", Ángel González Graña "O Ghafón", os mártires de Anguieiro, Evangelio Paredes e Chiripa, José Chapela e Pepe Chimé.

Médicos, asistentes sociais e deportistas: Alfonso Villar "Almiña", Ana María Soto e José Manuel Bermúdez.

Mestres e escritores: Sagrario Corral, Antonio Alfonso, Bernardino Graña e Carlos Casares.

Poetas populares, músicos e gaiteiros: Xosé Santos, Cecilio Rial, Eugenio Carballo, Juan Rial (Palleiro), Inocentes Camaño, José "O Ghaiteiriño" e Nuevas Amistades.

Relixiosos e veciños solidarios: José Cerviño, Juan Villar e Neneta Herrero.

Taberneiros, barbeiros, comerciantes, hostaleiros: Amador Núñez "O Jefe", Eduardo Soliño "Boni", Ubaldo Lemos, Pilar e Pepe Simón.

Traballadores e veciños: Emilio García Graña "Pichirol", os carreteiros, as mulleres da conserva, Totonilo, José Tiebo, Pepiño O Coheteiro, José da Illa, Pepe O Vilas.

Todos nunha mestura chea de vida e de historias que son síntese do tempo e anacos do pasado.

Para elaborar o libro contaron coa valiosa colaboración de persoas que aportaron fotografías, datos e proporcionaron contactos grazas aos cales puideron rastrexar no pasado destes personaxes. "E como pano de fondo aparece tamén a sociedade da época cos seus costumes, tradicións e acontecementos que marcaron estes séculos".

Un traballo de recuperación da Memoria de Cangas a través das personaxes máis populares da Vila que elaboraron a lume manso, dende hai tempo e que veu a luz por primeira vez nas páxinas de FARO DE VIGO durante os anos 2015 ao 2018.

O pasado é algo que crece cada día e a nosa memoria só se queda con algúns fragmentos, parafraseando ao escritor uruguaio Mario Benedetti. Este nono libro Ronsel de Lembranzas que hoxe presenta A Cepa pretende recobrar e lembrar vivencias que foron compartidas e que pretenden ser achegamentos agarimosos a veciños e veciñas que conformaron o noso pasado.

Tamén hai que destacar no libro as primeiras fotos onde aparece o fotógrafo coñecido como O Moreno e que tantas imaxes nos deixou. Chamábase José Martínez Rodríguez e nacera en Ayamonte (Huelva) e chegara á nosa terra ao vir cumprir o servizo militar á Escola Naval Militar de Marín. Un compañeiro propúxolle abrir estudio en Cangas e aquí estivo traballando moitos anos até a súa xubilación. Coñecido en Cangas como O Moreno que formou parte, a carón doutro fotógrafo coñecido como O Francés, do estudio fotográfico Grimar na rúa Benigno Soaxe número 4. A importancia das imaxes feitas por eles é fundamental para coñecer a vida das persoas e das familias. Fotografías que naquel tempo eran testemuños dos momentos máis importantes na vida das persoas.

"Ronsel de lembranzas. Personaxes de Cangas. Vol. 2" foi coordinado por Fernando Cuñarro Pintos e conta coa colaboración de Pilar Abeijón, Mercedes Bastón, Pilar Bastón, Luís Bará, Rosa Boubeta, Borja Brun, Carmela Brun, Antonio Camaño, Camilo Camaño, Manolo Camaño, Xan Campos, Elsa Coia, Auxi Cordeiro, Xela Cuñarro, Ánxela Fandiño, Luísa F. Mariño, Pilar Ferrari, Valentina García, David García, Cristina González, Raquel G. Corral, Xosé Antonio Graña, Xabier Guardado, Lois Guimeráns, Maite Herrero, Fátima Juncal, José Lorenzo, Eduardo Mallo, Manolo Martínez, Héitor Mera, Antonio Monroy, Concepción Núñez, María Otero, Rafa Outeiral, Serafín Parcero, Eberto Pena, Carmiña Pérez, Xosé M. Pazos, Andrés e Juan José Pino, Ana Pintos, Nelson Quinteiro, José Mª Rial, Manolo Rodal, Mercedes Santos, Miguel Sotelo, X.Vázquez Pintor, Pablo Vilariño e Juan Villar.

Agradecementos

O noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que nos tendes facilitado informacións, fotos, documentos e testemuñas. Este libro non sería posible sen vós.

Aos membros dos obradoiros da Memoria de Cangas e da Xunta Directiva da Cepa. A Mercedes Otero E a Lucía Sotelo. Ao xornal FARO DE VIGO que os acolleu nas súas páxinas.

Ao Museo Provincial de Lugo, Museo de Pobo Galego e ao da Fotografía Contemporánea de Milán.

Ao Alondras, a asociación da Memoria Histórica 28 de Agosto e a Fundación Camilo Camaño.

A Suso Barreiro "Xuxo" polas caricaturas ea Nuria Guardiola pola fotomontaxe das Mulleres da Conserva.

As fotografías que acompañan este volume 2 son da autoría de Ocaña, Grimar "O Moreno" Santoro, Colón, Gonzalo Núñez, Carlos Angílica, Luís García Crego, Paco Mallo, Alba Sotelo e María Vence. E tamén doutros fotógrafos de fóra que visitaron a nosa Vila: a norteamericana Sarah Leen ou o italiano Federico Patenalli.

Compartir el artículo

stats