Camposantos e cemiterios (III)
A construcción do novo en Aldán rematou en 1904 e o do Hío iniciouse en 1900, sendo alcalde Serafín Barros

Nichos en Aldán 1887-1906 trasladados do antigo camposanto. // Arquivo
Xerardo Dasairas (*) | Cangas
Comezamos co cemiterio de Aldán. Dos enterramentos no interior da igrexa, queda a referencia dos nichos e sepulturas brasonados existentes na capela maior e correspondentes aos benfeitores Ana Mª de Aldao e o seu home José Francisco de Gayoso Aldao. Por frente están os enterramentos dos Bermúdez de Castro Aldao, señores do pazo de Vista Alegre. Dos enterramentos no antigo camposanto ainda se conserva o mausoleo de 1879, moi deteriorado, da familia Graña-Gamallo que polo seu estilo artístico semellante ao de Cangas, tamén se lle atribúe a Ignacio Cerviño. Ainda que hai un nicho de 1887, sabemos que o novo cemiterio de Aldán xa se plantexa en 1878 aproveitando as obras de reconstrución da casa reitoral que ardera e da reparación da igrexa case en ruina. Os informes do médico local J. Benito González Arís e do párroco Manuel Fandiño Rodríguez que alega "que xa non tiña onde enterrar un morto recente", moverían ao Goberno Civil a presionar ao Concello de Cangas en base ás irregularidades existentes no antigo camposanto en materia sanitaria participando no proxecto con 1.500 pesetas.
Xa que logo, o Concello buscaría uns terreos próximos á igrexa, denominados Viñal, e ábrelle a sete veciños con terreos na zona, un expedente de expropiación que se pecha o 26 de maio de 1894. Neste mesmo ano iniciaríanse as obras baixo proxecto do mestre de obras de Vigo Manuel Felipe Fidalgo, eliminándose a construción da capela que supuxo o aforro de 2.500 pesetas no presuposto pois a igrexa estaba próxima.

Camposantos e cemiterios (III)
Como se pode observar polas datas dos nichos da entrada é fácil deducir o traslado dalgúns deles do antigo camposanto. Ainda que a sua ocupación foi inmediata, a construción deuse por rematada oficialmente en 1904 pasando desde esta data a ser municipal.
Contodo, ainda quedaban obras por facer pois en xuño de 1913 ainda se remata o camiño ata o mesmo, estando pendentes de obra o depósito de cinzas e a casa de autopsias. En tempos recentes tamén tivo problemas de regularización polas ampliacións feitas no mesmo.

Camposantos e cemiterios (III)
O cemiterio do Hío
O novo cemiterio do Hío iniciaría os trámites para a sua construción o 22 de abril de 1900 sendo alclade do Concello de Cangas Serafín Barros e párroco Constantino Míguez Míguez. Durante 1901 ábrese expedente de expropiación dos terreos no lugar chamado Centiás (2.287,5 m2) e na franxa que quedaba cara ao camiño a Vilariño. En setembro deste ano faise cargo da obra o mestre Salvador Ferrín de Vigo que presenta un proxecto no que se inclúen os terreos de inhumacións católicas, a zona de "disidentes", os muros e camiños, un osario, unha capela, un cruceiro central con pousadoiro e depósito de cadáveres e sala de autopsias, todo como demendaba a Lei nesta época. Cara a 1907 os veciños xa comezarían a aportar cartos para conseguir un novo lugar de enterramento e en outubro de 1908 sería o mesmo párroco don Constantino quen bendicise o novo cemiterio e máis tarde, o 4 de agosto de 1909, a capela cunha misa. Como os demáis cemiterios, este tamén foi secularizado en 1932, réxime no que estivo a penas catro anos pois baixo o franquismo volveu adquerir a exclusividade e normativa católica.
Da tradición mortuoria no Hio consérvanse bastantes vestixios en forma de sepulcros antropoides entre os que debemos mencionar os de Santiás (Centiás) pois aparecen relacionados na interpretación popular coa cripta funeraria, inspeccionada en 1911 polo arqueólogo da Universidade Pontificia de Santiago, Antonio López. Semella que esta cripta é a denominada popularmente como Forno da Tella (hai tamén un camiño deste nome) e sitúase detrás do cemiterio actual, correndo disversos relatos sobre un túnel que a une cos sepulcros mencionados. Procuramos en Santiago, sen éxito, a memoria desta excavación pero neste sentido, veunos á memoria a chamada cripta da Ascensión en Augas Santas. Ainda existen dúbidas sobre a sua función pero os expertos apuntan que debeu ser un lugar de enterramento e incluso de cremación polas tampas de sarcófagos atopadas e tamén pola referencia popular como Forno da Santa, onde se di que foi queimada Santa Mariña. Por estas razóns e concomitancias co nome da cripta do Hío e polo tipo de construción, de non haber máis informacións, compriría revisar este tema e realizar novas prospeccións no lugar. Do antigo camposanto a penas queda un panteón adosado ao muro sur da igrexa e durante bastantes anos mantívose en pé o cenotafio ou mausoleo familiar mandado construir polo párroco Juan Manuel Míguez Alonso no que foi soterrado en 1875. Este panteón, tamén atribuido a Cerviño, foi eliminado hai xa bastantes anos polo párroco Antonio Graña con motivo do adecentamento do adro e realce do cruceiro, conservándose a escultura de Cristo que o coroaba no portalón da reitoral e un Calvario de vulto colocado nunha parede interior.
(*) Mestre, investigador e historiador de Cangas
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría