Titiritadas cargadas de reflexión
Bernardino Graña publica un novo libro, con tres pezas de teatro infantil

Bernardino Graña na homenaxe que se lle brindou este verán no Auditorio de Cangas. // G.N.
Redacción | O Morrazo
Bernardino Graña volta ao mundo da literatura infantil e xuvenil, un eido no que suma xa máis dunha vintena de títulos. A esa produción engade agora "Lobísimo do saco. Tres titiritadas", un libro que inclúe tres pezas de teatro infantil cargadas de reflexión e que son unha chamada de atención sobre o risco de perder a liberdade.
O volume está composto por tres historias ou "titiritadas": "Sinfarainín contra don Perfeuto", "Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán)" e a que lle da título a este novo libro de Bernardino Graña, "Lobísimo do saco". Os textos do escritor contan co apoio das ilustracións de Blanca Millán e a Editorial Galaxia encárgase da publicación desta nova obra, que se presenta o venres na Casa del Libro, en Vigo.
As historias do libro teñen varios eixos comúns. O máis evidente é que en todas elas os protagonistas son os animais, pero detrás do humor que destilan estas titiritadas hai algo moito máis serio e co que Bernardino Graña quere facer reflexionar aos máis novos. O abuso do poder, a tiranía e o terrible que pode resultar para unha sociedade a perda do seu máis prezado ben: a liberdade.
O autor cangués, que este verán recibiu un sentido homenaxe no Auditorio de Cangas, mantén unha intensa actividade literaria e esta é a súa cuarta publicación nos últimos catro anos, despois das novelas "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" -ambas novelas- e doutra peza infantil, "Tragaxán e Tragadiño" (2016). A presentación de "Lobísimo do saco. Tres titiritadas" será o venres a partir das 20.00 horas na Casa del Libro coa presenza da editora Malores Villanueva; o crítico literario e autor do epílogo Ramón Nicolás; o escritor e expresidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero; o actual responsable da RAG, Víctor Freixanes; e o propio autor. Bernardino Graña , que foi impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), é membro da RAG desde xuño de 2010, tras unha cerimonia celebrada no Auditorio de Cangas, presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín, e na que foi recibido como o "poeta do amar". Un xogo de palabras con dous dos elementos fundamentais de toda a súa obra literaria: o mar e o amor.
- El bus deja en tierra a trabajadores de hospitales al ir llenos por falta de barco
- Un desprendimiento de la Autovía do Morrazo sepulta una vivienda en Moaña y deja un operario herido
- Bueu envía en menos de un mes más de 100 notificaciones para la limpieza de fincas forestales
- Multa de 2.000 euros y retirada del carné durante 18 meses por quintuplicar la tasa de alcohol en Bueu
- Un domingo en la batea: más de 300 toneladas de mejillón en el muelle de Bueu
- Un grito desesperado de una madre para ayudar a su hija en Beluso
- Vecinos de Darbo alertan de que hay dos personas hospitalizadas, supuestamente por beber agua contaminada por hidrocarburos
- La Mancomunidade aprueba subir el recibo de la basura y el PP abandona la asamblea tras la expulsión de Estela Santomé