Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Víctor Mosqueira: "Vou facer un pregón literario, pero vestido do percebeiro Taracido de Mareas Vivas"

O actor abre hoxe a Romaría de Darbo nunha noite con proxeccións de fotos e queimada

O actor Víctor Mosqueira. // Carolina Lorenzo

Volverá a enfundarse o traxe do percebeiro Francisco Taracidas ou Tarasidas, que representou na mítica serie galega "Mareas Vivas" para ofrecer hoxe o pregón da Romaría de Darbo. Con Víctor Mosqueira comenzará, as 22:00 horas, unha das grandes festas que deixa baleira Cangas co letrero de "Pechamos ata despois de Darbo". Mosqueira, ligado a unha treintena de series de televisión e con máis de 40 obras de teatro representadas, traballa nestos momentos en tres espectáculos. Está na"Casa O´Rei" con Ibuprofeno Teatro, que é a versión libre do rey Lear; en "Cráneos privilexiados", unha obra sobre filosofía, de Mofa e Befa; e no espectáculo para o público familiar "Cartóons". Ademáis, está ensaiando na Illa de Arousa a peza teatral, producida pola compañía Excéntricas,"Medida por medida". Trátase dunha obra de Shakespeare, dirixida por Quico Cadaval e que ten como compañeiros a Josito Porto, Evaristo Calvo, Santi Romai, Patricia Vázquez, María Costas e Melania Cruz. A obra estrearase o 4 de outubro en Carballo no Festival Internacional de Outono (FIOT). O pregón de hoxe será literario. Tras o mesmo darase o chupinazo de comenzo das festas e procederase á tradicinal proyección de fotos antigas sobre a fachada da igrexa, mentras que a comisión preparará 250 litros de agardente na queimada que nunca falta na primeira noite de Darbo. Na proyeción poden verse unhas oitenta fotos antigas de Darbo e outras máis do fotógrafo italiano Federico Patenalli. As festas prolongaránse hasta o luns e o domingo será o día grande co baile da Danza e Contradanza.

-Saldrá hoxe a dar o pregón en Darbo como Víctor Mosqueira o como algún dos personaxes da súa carreira profesional?

-Resulta que cando Lois Guimeráns, un dos organizadores da romaría chamou para facer o pregón, suxeriu que o fixera como o personaxe de Taracido,, o percebeiro chosco dun ollo en "Mareas Vivas". Vou facer o pregón como Francisco "Tarasido". Cúmprense vinte anos da serie e no Festival de Cans varios actores e actrices o lembraron. Parece que volta a estar ahí, que hai cariño polo que supuxo "Mareas Vivas" e xa que en Darbo hai moito percebeiro vou facer unha cousa a xeito, vestido de Taracido, pero cun pregón formal.

-Como foi a reunión de actores e actrices de Mareas Vivas en Cans?

-Foi unha especie de coloquio. Estivemos Miguel de Lira, Isabel Blanco, Camila Bossa, Ana Santos...que facían de Currás, María, a rapaza venezolana Belinda, amiga de Petróleo, e Pitusa. Flipamos bastante porque había moito público xoven que vira a serie en Internet. Parece que Mareas Vivas soportou moi ben o paso do tempo.

-Cantos anos estivo a serie en televisión?

-Desde 1998 hasta 2002.

-Quíxose retomar?

-Houbo un intento de facer unha película. Se pensou en facer pero non chegou a nada. O personaxe de Miguel morría afogado.

-Se tivera que elexir algún personaxe da súa carreira, con cal se quedaría?

-Tes moito cariño ós personaxes. Fixen moitísimos. Se me teño que quedar con un é o personaxe de Arlequino, que é a esencia do teatro; é un personaxe da comedia dell´Arte, un criado moi astuto, áxil corporalmente que sempre ten fame. É un personaxe ao que lle teño cariño e fixen moitas funcións con él cunha obra que chámase "Commedia" que recuperamos despois de 25 anos con Contraproduccións e que a montamos entón con Ollomoltranvía. Tiven que volver a facer ese traballo moi esixente e tiven que prepararme moito para volver a facelo, pero pagou a pena. Para nós foi moi emotivo. Case a fixemos cos mesmos personaxes. Leva música en directo e é unha peza moi bonita, mítica no teatro galego coa que recorrimos España enteira e fumos a París e outros sitios.

-Agora está co espectáculo ao aire libre "Cartóons" para o público familiar. O mércores precisamente o representaron en O Carballiño e tamén na pasada Mostra de Teatro de Cangas. Como é a experiencia?

-Moi ben,moito éxito. É unha peza que fago con Josito Porto e que gosta moito. É para nenos entre 6-12 anos pero aos maiores tamén gusta. Ten música en directo e está todo feito con material reciclado. Seguiremos traballando nela porque o mundo do paiaso nunca se acaba, é un traballo para toda a vida.

-Teatro ou televisión?

-Todo vale. Realmente teño unha preferencia grande polo teatro. É no que máis traballo ultimamente. Antes tiña feito moita televisión pero agora non.

-Hai menos traballo na televisión?

-Hai máis xente e unha tendencia a traballar coa máis coñecida. O público é o que demanda, peo eu creo que hai espzo para todos.

-Ten algunha oferta para televisión?

-Hai algún casting que fixen e do que estou pendente.

-Algunha anécdota que garda de todos estos anos de profesión?

-Quizá o emotivo que foi volver a facer comedia o ano pasado no festival de Ribadavia, donde estreamos 25 anos antes a mesma obra e foi moi especial para todos os integrantes. Recordo a Santi Prego que facía un dos personaxes e nesta obra non estaba, pero sí no público, e entrou no camerino totalmente emocionado cunha botella de champagne para brindar con nós.Foi moi forte, como recuperar a xuventude grazas a unha obra, aínda que o corpo non e o mesmo, pero foi máxico.

-Todos temos moi presente a triste desaparición de Celso Parada. Como lle recorda?

-Era un referente, unha forza da natureza, un cómico increíble. Recordo que cando vin "Misterio bufo", que él representaba, eu viña de estudiar en Italia, e me quedei maravillado. Cando montou a sala sempre nos chamaba. Tíñamosle moito cariño, era unha gran persona, un grande do teatro.

-Que reivindicaría sobre un escenario?

-Hai tanto que reivindicar! A mala decisión do goberno municipal de Ourense para retirar o apoio ó Festival Internacional de Teatro. É un atraco. Tamén hai que reivindicar o trato aos refuxiados, a eucaliptización de Galicia e o pouco que a xente quere a este país, o pouco que se valora é intolerable. Como dicía Isaac Díaz Pardo "que fermoso país, e que caraio de xente!"

-Que nos pode decir da Romaría de Darbo?

-Estiven fai moitos anos cando pasei unha temporada en Cangas. Alucinamos. O sitio é precioso, máxico. A idea de proxectar as fotos contra a igrexa é unha xenialidade e debería de facerse en todos os sitios. É unha romaría auténtica que hai que cuidar. Para mín é un honor ser o preogueiro.

Compartir el artículo

stats