Recuperar o nome da rúa do médico Romay no lugar de Antonio Garelly
O autor reivindica a un dos doutores que combatiu o brote de cólera de 1853/54 en Cangas

Noticia publicada en FARO DE VIGO o 3 de maio de 1953 sobre o dique de abrigo. // FDV
Antonio Graña*
Desde principios dos anos 40, a vila de Cangas viviu unha constante batalla nos despachos madrileños do Ministerio de Obras Públicas: a necesidade de contar cun novo dique de abrigo era perentoria. Os mariñeiros, coa axuda da confraría de pescadores, corporación municipal, comercio da vila e a poboación en xeral, solicitaron dunha maneira costante e sen desánimo a ampliación do porto e dique de abrigo. Neses anos contábase somentes co espigón construido na década do 1900 (o muelle vello) e o peirao do Comercio, cuxa lonxitude era máis ben escasa. Ambos dous insuficientes dada a gran cantidade de embarcacións existentes.
Chegado o ano 1953,como resultado da presión exercida nos despachos, é redactado un proxecto que foi definitivamente aprobado o 17 de maio de 1955. Viña avalado polo Responsable de Portos de 2ª Categoría do Estado: Antonio Garelly de la Cámara. Pero resulta que o seu elevado custo fixo que o Ministerio dera marcha atrás, alegando a pouca ou nula rendabilidade do proxecto neste tipo de portos.
Ante esa prespectiva Garelly "recolleu velas",esqueceuse do proxecto do dique de abrigo e consecuentemente de toda a poboación canguesa que tan ben o tratara, sen molestarse o máis mínimo na busca doutras alternativas que puidesen satisfacer as xentes do mar. Todo a pesar de que o noso porto xa tiña a catalogación oficial de Porto Refuxio, pero cunha capacidade rídicula para tal fin.
Para moitos foi unha gran sorte que non prosperase tal proxecto (ano 1955), dado que vistos os planos, pecharía definitivamente Cangas ao mar pola cantidade de edificacións a construír na beiramar, tal como mostra unha unha nova de FARO DE VIGO datada no ano 1953. Desa quedou "salvada pola campá" a Praia do Señal, dado que estaba prevista a súa desaparición. Pero anos máis tarde, exactamente na década dos 80, non resistiu un novo asalto.
Coa ausencia de Garelly e alcanzados os anos 60, por fin abríronse novas expectativas. Fíxose un novo proxecto, máis reducido, e todo iso baixo o control de Agustín de Barcena y Reus (responsable do antigo Sindicato de Pesca), ao cal lle debemos a case totalidade das instalacións portuarias existentes na actualidade. Como recoñecemento, foille imposta a Medalla de Ouro de Cangas polo entón alcalde Antonio Camiña Bastos.
Con estes antecendentes e polo que, nunha carta xa dirixida ao actual alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, deféndese a necesidade de cambiar o nome da rúa de Antonio Garelly e recuperar a súa antiga denominación, na honra do médico cirurxián Francisco González Romay.
No ano 1944 foi borrado o nome da rúa Romay e no seu lugar púxose o nome de Antonio Garelly. O nome da rúa Romay foi posto no ano 1845, na honra do médico cirurxián Francisco González Romay tras unha iniciativa popular, á que máis tarde sumaríase o Concello.
Francisco González Romay foi médico cirurxián en Cangas. Xuntamente co seu xefe, Leonardo Arnaud, emprenderon a loita contra o cólera morbo-asiático, desde novembro de 1853 ata finalizado 1854. Esta epidemia causou en Cangas aproximadamente 119 falecidos, a maior parte na parroquia do Hío. Algo que non pode morrer no esquecemento.
A necesidade de borrar do rueiro da Vila o nome de Antonio Garelly de la Cámara provén de que non ten senso adicar unha rúa a alguén sen significado para a vila. Garelly foi enxeñeiro de Portos do Estado e persoa vencellada ao franquismo, quen prometeu ás autoridades locais a ampliación do peirao e dique de abrigo do noso porto, segundo o "Anteproxecto do Plan Xeral de Obras para o Porto de Cangas" de 1953, obra moi demandada naquel entón.
As autoridades municipais, por iniciativa de Marcelino Moldes, concedéronlle que o seu nome lucise na placa de mármore posta no lugar onde momentos antes lucía o nome do médico residente en Cangas Romay. Garelly desaparece sen deixar rastro, o mesmo que o anteproxecto.
Foi necesario agardar novamente outros 13 anos (1965) para que por fin comenzara o dragado dos fondos do porto e se levara a cabo o novo e demandado proxecto, que foi modificado. As obras comenzaron no 1970, para que o porto tivese o aspecto que hoxe presenta. Todo grazas ao interese mostrado por Agustín de Barcena y Reus, xefe do Sindicato Nacional de Pesca, que soubo entender as chamadas feitas polo alcalde da vila Antonio Camiña Bastos. É xusto recoñecelo.
É de xustiza reponer canto antes a placa co nome de Francisco González Romay, médico cirurxián e persoa moi vencellada a nosa historia dende o 1827, ano en que fai súa aparición en Cangas. No ano 1845 unha iniciativa insta ao Concello a que se lle outorgue unha rúa co seu nome, en compensación polo traballo realizado.
A súa historia
1799. Nace na cidade fronteiriza de Tui Francisco González Romay, galeno que pasou a maior parte da súa vida laboral na vila pontevedresa de Cangas.
1827. No mes de xullo Romay aparece domiciliado na parroquia do Hío, pero con consulta na Rúa Loureiros número 21, consulta que compartía co doutor Leonardo Arnaud, o primeiro médico municipal da Vila por oposición. Non tardou Romay en ingresar como médico no Concello. pero baixo as ordes Leonardo Arnaud.
1835. Romay é nomeado Subtenente do Batallón da Garda Nacional do Morrazo (voluntarios). A documentación di que nese momento contaba con 36 anos de idade.
1838. É contratado como médico polo Gremio de Mareantes da Vila, documento que asinou nas dependencias da Axudantía de Mariña de Cangas.
1853. No mes de novembro fai súa aparición en Cangas o temido cólera morbo-asiático.
1854. Esténdese por todo o territorio municipal e con maior incidencia nas parroquias costeiras do municipio. O cólera morbo-asiático é unha enfermidade causada polas malas condicións hixiénico-sanitarias do momento e producida principalmente pola inxesta de comidas e auga en mal estado.
O mal entrara por Vigo, coa chegada a porto do vapor-correo "Isabel La Católica", que procedía das illas do Caribe. Estendeuse rapidamente por todas as vilas da ría. Foi un ano terrible para para os médicos Leonardo e o seu axudanre Romay Tiveron que multiplicarse para facer fronte a toda unha avalancha de requerimentos, dado o gran númer de casos de afectados pola pandemia en todo territorio municipal e tamén na maior parte do territorio costeiro de Galicia. En Cangas só quedou libre do mal o lugar do Forte, que entón era un barrio totalmente aillado do núcleo urbano da vila. O cronista di que ata ese lugar eran trasladados os enfermos para a súa recuperación.
1859. Cando o doutor Romay contaba preto de 60 anos, vese na obriga de dimitir como médico do Concello, ao considerar que o seu salario de 200 ducados (2.200 reais) eran insuficiente pois tiña cinco fillos.
A súa dimisión non foi aceptada en principio, ata que a Corporación Municipal e mesmo a Diputación Provincial atoparon un novo médico para substituílo. O Concello de Cangas de entonces consideraba lóxico que os diñeiros municipais tiveran certas preferencias, como a de custear moitos dos actos relixiosos, sobre todo os de Semana Santa. Isto contribuía en boa medida a unha carga adicional e minguar os presupostos en perxuízo da Beneficiencia e da Ensinanza.
Romay seguiu exercendo como médico na Rúa Loureiros número 21. Os documentos consultados nada recollen dos últimos anos da súa existencia.
*Veciño de Cangas
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría
- Un grande y profundo socavón preside el paseo del frente marítimo de Cangas
- Un detector de humos evita que una casa arda en Bueu
- Trabajar a 50 metros de altura en la Autovía do Morrazo