Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Anxo Lorenzo: "O Intercéltico xa é un referente no circuito dos mellores festivais folk"

O moañés, que abre o concerto desta noite ás 22 horas, repasará toda a súa traxectoria musical

Anxo Lorenzo: "O Intercéltico xa é un referente no circuito dos mellores festivais folk"

Anxo Lorenzo: "O Intercéltico xa é un referente no circuito dos mellores festivais folk"

É un habitual de certames musicais en Francia, Bélxica, Irlanda, Alemaña, ou en diferentes puntos de Galicia e do resto de España, pero Anxo Lorenzo prodígase bastante menos en Moaña. Hoxe, o gaiteiro xogará na casa ante o público do Intercéltico.

- Vén de tocar no Intercéltico de Ortigueira, en Bélxica? pero supoño que volver tocar na casa sempre é especial.

- Teño moitas ganas de presentar os novos temas en Moaña arroupado pola miña banda e coa colaboración especial de Blackie O´Connell, que tamén participa en Vórtex.

- Está a ter un papel importante na comisión organizadora do festival nestes últimos anos, pero supoño que tamén tiña o gusanillo de estar neste escenario.

- Penso que despois de catro anos de traballo conxunto, o Intercéltico do Morrazo xa e un referente no circuito dos mellores festivais de folk en Europa grazas ó apoio incondicional dun equipo de goberno que aposta pola cultura de calidade e non pola cultura de pachanga.

- O seu último traballo, Vórtex, ten case un ano, pero vai ser a presentación oficial en Moaña, onde nunca se tocou. Ademais, creo que o seu vai ser un concerto no que repasará toda a súa traxectoria.

- Será un concerto moi especial con temas de Vórtex, Tirán, Confuxon e tamén de SPIRITU (986). O final do concerto teremos algunha sorpresa

- Parece que estamos a asistir a un boom da música folk, con novas propostas e grupos en Escocia e Irlanda. ¿Ocorre o mesmo en Galicia?

- En Galicia e moi complicado vivir da música ao vivo se non tocas nunha orquesta. Escocia e Irlanda levan motivos anos exportando a súa música por todo o mundo, creando canteira especializada e os festivais nunca son de balde como aquí.

- En Ortigueira compartiu cartel con Moving Hearts e tocou con Davy Spillane. Supoño que a experiencia de tocar cun dos máis grandes gaiteiros e cun músico que vostede admiraba desde os seus inicios ten que ser un soño feito realidade.

- Exactamente, tocar con Davy Spillane foi un soño feito realidade e nunca esquecerei ese momentazo co meu ídolo en Ortigueira.

- Unha das cousas que fai especial o folk é esa interacción entre músicos, esa facilidade para tocar xuntos, de unirse, que salvo no jazz non se atopa noutros estilos. Está de acordo?

- Penso que cada vez e mais normal fusionar todo tipo de músicas, estilos e instrumentos tradicionais.

Compartir el artículo

stats