Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O cántabro Juan Azpeitia, un dos promotores do remo e home de grandes saberes técnicos

Os seus fillos obtiveron sonados éxitos nas regatas de piraguas co Club Rodeiramar

O cántabro Juan Azpeitia Santisteban (Laredo 1880 - Cangas 1971), experto na construción de traiñeiras, instalaríase en Vigo na praia de Coia onde, igual que na do Areal, se construían estas embarcacións, moi demandadas polos conserveiros como xa apuntamos. A partir de 1905 trasladaríase a Cangas, onde ademáis do asteleiro, puxo un secadoiro de polbos e unha tenda de comestibles con bodegón de viños. Afecto ao Partido Republicano Radical (PRR) de Lerroux con E. Iglesias e Francisco Eiroa (logo alcalde de Cangas na República) como representantes provincial e local, foi presidente (1927) e membro da directiva do Progreso Pesquero bastantes anos, ademais de pertencer ao grupo de declamación Veterana Artística Canguesa do Círculo Mercantil. Tamén sería concelleiro independente (1931-1936), armador dos vapores Fortiño e Geluco, membro da directiva do Pósito cangués como vocal da Caixa de Crédito e ligado á Escola de Pesca onde impartía clases sobre motores. Como ben se pode deducir, foi promotor principal dos deportes de remo e dise que da transmisión dos seus saberes técnicos, alcanzaron sona os remeiros da Pedreira e de Tirán. Precisamente nos deportes de remo, habían destacar con moito éxito os seus fillos, a través do Club Rodeiramar, sobre todo nas regatas de piraguas que se celebraban na ría entre Cangas e Vigo, promovidas polo Club Marítimo desta cidade. Moi sonado foi o éxito obtido en setembro de 1935 ao alcanzar o club cangués os tres primeiros postos e a Copa do Ministerio da Gobernación no I Campionato Galego de Piraguas. Moitas destas embarcacións, con gran predicamento nos elitistas clubes náuticos, sairían do seu asteleiro e chegarían a ser moi demandadas e cotizadas por deportistas nacionais e extranxeiros. Posteriormente, Azpeitia dedicaríase no barrio do Forte ao enlatado de conserva, basicamente mexillón

Compartir el artículo

stats