A súa vida está marcada en décadas. A el gústalle presentala desta maneira porque Quico Cadaval e pura creatividade, mesmo a fai coa súa miopía. na primeira década non soñaba co que chegaría a ser; na segunda leu avidamente "la vida es sueño" e na terceria, cando quedou finalmente miope e non pudo demostrar ó mundo su coraxe ou cobardía, leu a obra completa de Shakespeare. Na cuarta década desplegou a súa capacidade de narración e devora a obra de Ruben Fonseca e na quinta recibiu moito máis do que deu e na sexta continúa contando contos e chega a Cangas para contar un máis como pregoeiro da Mostra de Teatro Cómico e Festivo.

-Cando se deu conta sendo neno de que contaba ben os contos?

-A verdade e que non me chamaba a tención. Vivía nunha taberna e oía contar todo o día. Logo iba a escola e contábamos cousas. Dinme conta que cando contaba películas aos compañeiros gustáballes moito escoitarme. De feito, había compañeiros que non ían ó cine porque non tiñan cartos ou preferían usalos noutas cousas como escopetas de balíns; craro que cando escolles unha escopeta de balíns, escolles a túa vida.

-Ía moito ó cine?

-Todo o que podía.Agora os chavais ten os medios dixitais, pero a nosa loita era ver aquelas películas da tele que lle poñían dous rombos e que era para maiores. Negociabas. O fin de semana víamos unha ou dous no cine, malas ou boas.

-Como ve os medios dixitais na xuventude?

-Poden ver cousas que non entendan o que lles provoque un shock, pero non creo que morran deso. Hai que aceptar que é difícil controlalo, pero os pais ten que cambiar a maneira de relacionarse cos seus fillos e conversar máis. Non prohibir.

- Manéxase coas redes sociais?

-Levo tempo fora, non me gusta Twitter e espero que pase de moda, e do facebook non estou para estar todo o día opinando e conversando, nin siquera anuncio moitas das miñas cousas. De feito dou o pregón en Cangas e non o vou a anunciar.Pero vou a meterme en Instagram que me ten boa pinta. Twitter é coma ir a unha discoteca de sound system, te metes no medio e te reventan os tímpanos. A eso non vou e a Twitter tampouco.

-En que cambió o Quico Cadaval da infancia e o de agora?

-En todo. Somos personas distintas. Hai xente que di que no neno xa estás ti, pero a verdade recordo aquel tipo como un extraño. Na infancia é difícil poñerte triste e na madrurez é difícil poñerte contento. Por iso temos que consumir e practicar cousas para poñernos contestos como o humor. Non hai que dedicarse ó humor dos profesionais, hai reunións amistosas onde aparece o humor, esa forma de intelixencia que é o humor.

-A Mostra de Cangas reivindica o humor, dí que está ameazado.

-Hai ameaza de censura, pero nos afecta a todos.Non hai liberdade humorística, hai libertade de expresión.

-Que lle causa unha gran risa?

-As veces ver, recordar grandes artistas como a Mofa e Befa, Faemino y Cansado oo personaxes como Pepe Rubianes. Antes había personas que me facían rir, xente con cargos públicos, pero xa non me río moito porque vexo que están preparados para que te rías deles. Non vale de nada, eso sí, son material para a broma.

-O seu mellor papel?

-Tiña que dicir o de pai, pero non o fun. Ao descubrirme como falador, como unha máquina de memoria, as veces son como unha gramola pero en vez de meterme moeda, solo hai que provocarme e boto unha historia.

-Que opinión ten da Mostra de Teatro de Cangas?

-É unha marabilla que haxa un territorio reservado exclusivamente á risa e que non teñamos que xustificalo. Porque as veces é aburrido, cada dous por tres, ter que dicir que o humor é cultura, que a comedia é tan importante como a traxedia o que o humor é curativo. parece que hai que andar disculpándose.