DÍA DAS LETRAS GALEGAS y Premios Xohán de Cangas e Ignacio Cerviño
"Investigar non é só sentarse nun despacho, hai que falar coa xente"
Considera "unha honra" que lle concedan este galardón

Anxo Coya, a carón do cruceiro de O Hío. // FdV
G.M.P. | Cangas
Os seus traballos de investigación sobre a autoría do emblemático cruceiro do Hío, nos que conclúe que o seu artífice foi o mestre canteiro Ignacio Cerviño, déronlle sona nos últimos anos e despertou a curiosidade mesmo de colectivos de fóra do Morrazo, que o chaman para divulgalos, ainda que a súa paixón pola recuperación da memoria colectiva vén de máis atrás. "Sempre me gustou entrevistar á xente maior, recoller as cousas de antes e poñer en valor oficios tradicionais", sinala Anxo Coya (O Hío, 1974), que se mostra "moi satisfeito e agradecido" polo premio que lle conceden.
"Non contaba con este galardón porque hai moita xente preparada e con méritos para recibilo", sinala o autor dunha morea de traballos que publica periódicamente o FARO, mais tamén incide en que a súa labor vai máis alá da consulta de documentos históricos e adoita percorrer os lugares que transitou o personaxe e preguntar in situ a quen pode saber algo del. "Non só é sentarse nun despacho. Para saber máis de Ignacio Cerviño paseei por Cotobade, a súa terra natal e falei coa xente. Logo hai que contrastar e darlle credibilidade", insiste.
Esa dinámica é a que lle leva a concluír que o autor do cruceiro do Hío é Ignacio Cerviño, e non José Cerviño, como manteñen outros autores. Anxo Coya atopou documentos que acreditan que Ignacio Cerviño estaba no Hío arredor de 1872, cando se levantou o cruceiro, e mesmo que alí bautizou ese ano a unha filla súa, entre outros datos que corroboran a súa tese, que está aberta a novidades documentadas. Considera "unha honra" que un bisneto de José Cerviño o felicite, a pesar de que non lle atribúa o cruceiro ao seu bisavó.
- Cuatro personas trasladadas al hospital y un edificio desalojado por un incendio en Bueu
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Los comuneros plantean restringir el tráfico a Cabo Home y cobrar por el paso de coches
- Una camarera de Cangas aumenta en 10.000 euros la indemnización por despido que le recortaron por tener jornada reducida
- El reloj de la alameda ya no avisa de las alertas
- La nao Santa María llega a Bueu
- La fuente de los gatos está en Cangas.
- El litoral «susceptible» de cambiar