Por facer referencia a algún dos nomes ou entidades que visitaron este conxunto, podiamos falar de Paco Rabal, que aproveitando a súa estadía en Cangas por mor da rodaxe de "Noiva de Media noite" cursou visita á Mangallona, índa que esta non foi a única vez, pois a amizade xurdiu e incluso hai un retrato seu nos fondos da colección. Tamén Aleida Guevara, filla do Che, que con motivo dunha xira visitou este espazo de arte, logo xurdirían mais coñecemento grazas a común amizade doutro incondicional e amigo da Mangallona, José Delarra, que pasou tempadas residindo no museo e, repetirían visitas en abril e outubro do 1997, en ocasións acompañados de artistas como Moncada ou miguel Millet, todos da República de Cuba. Igualmente da illa Caribeña, fora visita interesante o 9.02.96 de Ángel Augier, Presidente da Academia das Letras, poeta e biógrafo de Nicolás Guillén, e a escritora Mary Cruz, con quen se mantivo a relación no tempo. Algo mais tarde a visita de Luís Suardíaz, recoñecido intelectual e home de letras, que cursou visita o 5.05.96. outras personalidades achegadas serían Mireille Forget, Yolande Paquin, Denisse e Chantal, artistas de Montrèal-Canadá, pertencentes a Le Circle des Peintres et Sculpteurs du Québec, que andiveron de intercambio na Mangallona en xuño de 2001. Alexandre e Tatiana Katchelaeva, de Moscú que nos visitaron o 17.06.01 e igualmente de Rusia, Chass A Chromovska o 03.03.01 .

A Mangallona é a materialización dun soño, unha filosofía de vida, di María Nuñez Jalda, responsable das visitas guiadas e da comunicación da casa-museo: "Non é un mero espacio creado para que os visitantes poidan admirar e disfrutar dun entorno, dunha obra. O seu autor, Camilo, non a concibiu para o seu propio deleite nin para vanagloriarse de todo o que alí se mostra, coa única intención do simple e mero disfrute. Materializar un sono noné causa baladí, tras a súa persecución, hai un esforzo, un sacrificio, hai ilusión, esperanza, xenerosidade, entrega, renuncia, unha loita que se debate entre un mar de dudas e decisións das que non é fácil sair coa convición de que sempre se acertou".