O Ateneo Santa Cecilia de Marín inaugurou onte a vixésimo sexta edición da mostra colectiva de mulleres "Voilá la femme", que permanecerá exposta até o luns até o 20 de abril. Trátase dunha exposición na que participan varias autoras con pintura, escultura e diversas expresións artísticas de vangarda. Está comisariada por Celeste Garrido e coordinada por Belén Diz Juncal.

Nesta edición as artistas seleccionadas para participar na mostra colectiva do Ateneo marinense son María Gar, Ana Miguelez Torres, Anubis Muñoz Orta, Dulce P. Herrera Gamboa e Alexandra RRey.

A mostra permanecerá aberta ao público até o 20 de abril na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia, na rúa do Forno número 42.