O Morrazo no levantamento de 1846 (II)
O alcalde Josef Sequeiros foi cesado sen resistencia e unha Junta Revolucionaria asumiu todos os poderes

A Axudantía de Mariña de Cangas foi centro de operacións da Xunta revolucionaria. // Arquivo autor
Xerardo dasairas*
En Cangas, a sustitución do goberno municipal vaise decidir entre as dúas e media e as tres da tarde do mesmo día 10 de abril, nunha asemblea da Junta Revolucionaria Local presidida por Manuel Mª Martínez Budiño, arrendatario do viño da vila desde comezos deste ano, natural de Vigo e irmán do farmacéutico Francisco Martínez Budiño, tamén establecido en Cangas desde había uns meses, e algúns Cabos de Mar dependentes da Axudantía de Mariña.
Secundaban a este como secretario na dirección da Junta Eugenio Vicente Matos que exercía de asesor a cargo da Axudantía de Mariña de Cangas, e como vocal o seu irmán Eduardo Hipólito Matos, estes dous residentes en Tirán. Asemade, contaban co apoio da forza de carabineiros asentada en Cangas e no mesmo local da Axudantía, procederían a nomear unha nova Corporación Municipal cuxos cargos recaerían no farmacéutico Francisco Martínez Budiño como primeiro alcalde e Joaquín González Gayoso como segundo.
Os rexidores (concelleiros) electos serían Francisco Camiña, Pedro González Pla, Joaquín Pérez, Antonio Barreiro, Manuel Miranda, José Martínez, Bernardo Pastoriza e Francisco Malvido, actuando como procuradores síndicos Juan Casas e Francisco Javier Villarprego. Esta Corporación Revolucionaria xustificaría os seus numerosos compoñentes pois intitulábase asimesmo como Junta de Gobierno de la Villa de Cangas y de la Península del Morrazo, deixando claro que este era un importante foco do soerguemento.
Cabe puntualizar que o relevo corporativo fíxose sen problemas nin algaradas pero Eugenio V. Matos, acompañado de varios carabineiros, foi buscar ao alcalde Josef Ramón Sequeiros a quen localizan en Cangas na casa de Juan Antonio Carrera onde estaba reunido co párroco e o coadxutor do Hío. De aquí, foi conducido á Axudantía, vixilada por carabineiros coa baioneta calada, para comunicarlle o seu cesamento e o de toda a corporación e que a Junta Revolucionaria electa asumía todos os poderes.
Bando
Acto seguido emitirían un Bando no que se avisaba da imposición de pena de vida para aqueles que proferisen palabras ou conversas contra a revolución, requisando as armas particulares que atopaban, obrigando a armarse aos licenciados do exército e excompoñentes da Milicia Nacional, declarando a libre venda do sal do alfolí a vintecinco reais a fanega. Vista a situación, o alcalde Sequeiros entregaría o poder e retiraríase sen ofrecer resistencia, desaparecendo da zona para refuxiarse, posiblemente, en Portugal.
Nos dias posteriores ao 10 de abril e a medida que transcorrían os movementos militares, outras moitas vilas de Galicia continuaban adheríndose ao levantamento e a Junta Superior de Santiago emitiría o día 16 un Decreto (21 artigos) coas novas medidas económicas e administrativas que se establecían desde agora para Galicia.
Nas mesmas, en resume, decretaban o reemprazo das corporacións que non fosen as de 1843 (progresistas), o sometemento das xuntas locais á Junta Suprema de Santiago, o respecto á relixión, a eliminación da policía, a abolición do sistema tributario vixente e creación dun novo, a derogación dos aranceis e a rebaixa de moitos impostos antes lesivos para os cidadáns.
Unha reforma universitaria, a conversión da Garda Civil nun corpo denominado Guías de la Libertad, a rebaixa de dous anos aos milicianos que apoien o pronunciamento, a incorporación de corpos de veteranos denominados Defensores del Pueblo, a creación de escuadróns de cabalería en cada provincia galega e a declaración de traidor a quen se opuxese á revolución son algúns dos outros puntos deste Decreto
O contexto galego II
O levantamento militar comezaría o 2 de abril en Lugo, ao se pronunciaren o 2º batallón do reximento de Zamora e parte do Provincial de Xixón que por crelos liberais, eran desprazados polo goberno cara a Valladolid. Apoiado polos progresistas da cidade e a maioría da sua gornición, o coronel Solís toma o mando das tropas e na sua proclama pide o apoio á constitución monárquica e á raíña Isabel II, denunciando o secuestro desta por unha ditadura que lle quería impoñer un marido, reclamando o cumprimento exacto da lei e a sua aplicación e pedindo a derogación do sistema tributario.
Solís marcha cara Santiago co groso das tropas onde o día 4 se pronuncian as forzas militares da cidade co importante apoio dos estudantes universitarios. Deseguido se formaría unha denominada Junta de Armamento y Defensa presidida polo líder do Partido Progresista, Pío Rodríguez Terrazo, quen procede a arrestar ás autoridades existentes e reorganiza e arma á abolida Milicia Nacional. A través de bandos e proclamas, outras cidades e vilas como Cangas van ir desprazando ás corporacións municipais e sustituíndoas por xuntas progresistas.
O día 8, Solís sae coas tropas cara a Coruña e en Sigüeiro vai ter lugar o anecdótico encontro coas forzas gobernamentais da Coruña, mandadas polo petoño brigadier Mac Crohon, recuando ambos exércitos sen disparar un tiro. Nos días seguintes, o levantamento seguiría sumando adhesións en diversas cidades e vilas, constituíndose á par, novas xuntas progresistas que sustitúen aos gobernos municipais.
Grazas a se sumaren agora a Solís, as forzas de Pontevedra e Vigo (900 homes ao mando do brigadier Leoncio Rubín) os rebeldes conseguen frear o día 11 o asalto a Santiago polas tropas oficiais. Dous días despois e xa triplicando ás forzas leais ao goberno, hai un novo enfrentamento de catro horas en Sigüeiro, esta vez cruento, onde as tropas revolucionarias de Solís levan as de gañar, facendo recuar para A Coruña ás oficialistas.
A noticia de que veñen cara a Galicia tropas enviadas polo goberno de Madrid obriga a crear dous corpos de exército para taponar as dúas entradas a Galicia desde a Meseta, entanto fracasan os intentos de tomar a Coruña e Ourense. Solís tentaría ocupar a Coruña e Ferrol e Rubín de Celis, Ourense, fracasando ambos intentos.
O día 15 reúnense en Santiago os exércitos de Solís e de Rubín que tamén contaban coa adhesión de forzas da Garda Civil e de Carabineiros que desfilan ante a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Terrazo, os dous vocais J. Mª Santos e Ramón Buch, o secretario Antolín Faraldo e o marechal Solís, nomeado agora xeneral en xefe do exército revolucionario. Da pluma de Faraldo sairía o histórico Bando que vai contextualizar o levantamento, resaltando a sua imbricación co pobo galego que demandaba un trato máis xusto e reclamaba as liberdades e dereitos que Narváez abolira: "?Galicia, arrastrando hasta aquí una existencia oprobiosa, convertida en una verdadera colonia de la Corte, va a levantarse de su humillación y abatimiento. Despertando el poderoso sentimiento de provincialismo, llegará a conquistar Galicia la influencia de que es merecedora, colocándose en el alto lugar a que está llamado el antiguo reino de los suevos".
No mesmo día 15, retiraríase cara a Castela o Provincial de Málaga que ás ordes do gobernador militar Ferreira Camaño, estivera tres días asediando Lugo, praza defendida pola Milicia Nacional e os Carabineiros da cidade. Pero dous días despois, o 17, as tropas gobernamentais mandadas por De la Concha vencen a resistencia do xeneral Iriarte (exiliado en Portugal) en Astorga e aquí saben que Solís partira cara a Coruña polo que se dirixe a Monforte coa intención de ocupar Ourense pero finalmente decide dirixirse a Santiago.
*Investigador e mestre
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría
- Un grande y profundo socavón preside el paseo del frente marítimo de Cangas
- Un detector de humos evita que una casa arda en Bueu
- Trabajar a 50 metros de altura en la Autovía do Morrazo