Desde Aspamsim con Amor.es
O Auditorio acolle hoxe (20.00 horas) o espectáculo fin de curso da asociación
G.M.P. | Cangas
"Amor.es ten como punto de referencia unha lenda oriental que conta que as persoas que están destinadas a coñecerse están unidas por un fío vermello invisible desde o seu nacemento". É o punto de partida de Amor.es, o espectáculo que os usuarios de Aspamsim, a asociación de familiares de persoas con discapacidade psíquica do Morrazo, poñen hoxe, desde as oito da tarde, sobre o escenario do Auditorio de Cangas para seguir cumprindo coa tradición de fin de curso. A obra promete e, como é habitual, non deixará indiferente á multitude de persoas que enchen estas instalacións municipais cada vez que Aspamsim convoca un evento.
"Ese fío vermello, directo ao corazón, conecta o amor dunha nai, dun pai, dun irmán, dun amigo, dun home, dunha muller.... Un fío vermello que simboliza o interese común. Un fío que nunca desaparece e persiste constantemente atado aos seus dedos a pesar do tempo e das distancias", abundan os representantes deste colectivo nun adianto do argumento do espectáculo que se poderá disfrutar esta tarde como exemplo do traballo de integración que persigue Aspamsim.
Para presentar o evento, o presidente e a vicepresidenta do colectivo, Carlos Sotelo e Leonor Pérez, reuníronse no Concello con alcalde, Xosé Manuel Pazos, e o concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade, Tomás Hermelo, que expresaron o total respaldo municipal a este tipo de iniciativas. No caso concreto de Aspamsim, cada espectáculo tradúcese en éxito de público e tamén de crítica.
A asociación traballa actualmente con máis dunha trintena de persoas de entre 15 e máis de 60 anos con algún tipo de discapacidade psíquica, e algunhas delas precisan cadeira de rodas. Leva preto de 30 anos de traballo cunha programación anual de actividades baseadas en talleres. Desde hai uns meses contan cun novo local no edificio da antiga Cámara Agraria facilitado polo Concello.
- Muere de repente un vecino de Bueu en la rampa del muelle
- Dos personas heridas y excarceladas en una grave colisión en O Hío
- Herido al volcar su coche e impactar contra otros dos en la PO-551 en Moaña
- Revientan el portal de una ferretería de Cangas para llevarse motosierras
- El ámbito de Pedra Alta en Cangas ya tiene asociación
- O Morrazo, con 81.655 habitantes, sigue fuera de las comarcas que ganan población
- La Guardia Civil intensifica su presencia en A Madalena y en la zona de ocio de Cangas
- Patrimonio frena el proyecto de la casa detrás de la capilla de Santa Marta