Actor e director. Procedente de Aurín, ingresou en Teatro de Ningures en 1991, primeiro como técnico-colaborador e logo como actor en "Elektra". Integrado na Compañía, actuou nas producións "Crónica de Pantagruel", "O Polbo", "Tic-Tac" (1ª etapa), "Lugar común", "Fausto", "Círculo", "Troianas", "Tartufo", "Misericordia", "Emigrados", "Bailadelas da morte ditosa" e nas coproduccións "Macbett" e "Terra de lobos". Dirixiu "O Principiño" "Ñaque, ou de piollos e actores"e "O ogrocho".

Dirixiu varios espectáculos en Teatro Llu-Llu e mais na Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Vigo e Pontevedra).

Traballou en varios espectáculos do C.D.G. e formou parte do elenco permanente desa compañía Institucional para a temporada 1996/97. Traballou tamén en espectáculos de Teatro do Morcego e Balea Branca.

En televisión participou como actor en varias series como "As leis de Celavella""Mareas vivas""Pratos combinados""Padre Casares"ou "Matalobos".

Cine: "Heroína" "O lapis do carpinteiro".