Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As traxedias no mar do Morrazo · A historia da traíña "Leonor"

Un naufraxio que consternou ao Hío

O autor lembra a traxedia da traíña "Leonor", que afundiu cun temporal e deixou unha ducia de mortos

Unha vista de Vilariño no ano 1909. A aldea foi das máis castigadas polo naufraxio da "Leonor". // Vida Gallega/Arquivo do autor

Era a "Leonor" unha embarcación da propiedade de Serafín Martínez Franco, casado con María Luisa García Hermelo, veciños da aldea de Vilariño, O Hío (Cangas do Morrazo), inscrita coa matricula Folio N.º 1864 neste concello. Compoñían a súa tripulación 20 homes que cada día largaban as redes ao mar para ganar o pan. Entre eles varios mozos menores de 18 anos. O patrón, Serafín Prieto Novas (a) "Camarada", era natural do Igrexario (O Hío), de 23 anos, recentemente casado en Liméns. Á hora da saída acordada polo patrón e mariñeiros, nese fatídico día, faltaban catro dos mariñeiros. Xa deran as doce. Así que decatándose da demora dos catro tripulantes, o patrón deu orde de saír a faenar sen eles, que finalmente conseguiron ir pescar noutra embarcación.

A prensa desa época notifícanos que a "Leonor" partiu da praia de Temperán, en Liméns. Podemos deducir que estiveron pescando na Ría de Aldán e que o vento reinante sopraba do suroeste. Primeiro porque naufragou nas Illas Osas cando as crónicas aseguran que dobraban a Punta de Couso para dirixirse a vender a sardiña sobre ás seis da tarde. E segundo porque probablemente buscaron traballar ao socairo deste vento, xa que se fose do noroeste non sería esta ría a máis apropiada para facelo. A información oral recollida a varios dos familiares dalgúns dos mariñeiros, acreditan que ían moi cargados co aparello e que a pesca era moi abundante ese día.

Rumbo á Ría de Vigo o destino tan só lles deixou avanzar uns centos de metros. O mar chegaba aos toxos, o vendaval e a chuvascada medraban en intensidade. Navegando a "Leonor" á altura das Illas Osas, coa embarcación submisa aos embates do mar e ao temporal, un forte refacho fixo que a traíña envorcara guindando aos 16 homes á auga.

Presaxiábase o peor xa que naquel tempo eran poucos os mariñeiros que sabían nadar. Algúns permaneceron un tempo agarrados á quilla e ao costado de estribor ata que se lles esgotaron as forzas. Sobre unha hora permaneceron uns loitando na auga. Outros xa foran engulidos pola bravura do mar que medraba coa galerna. Dende a parroquia de Aldán saíron tres botes ata o lugar do suceso para proceder ao rescate. A embarcación "Electra", patroneada por Antonio Sotelo Pardavila, salvou a tres náufragos da morte; a "Nueva España", mandada por Ángel Otero Lemos, rescatou a Celestino Baqueiro Malvido. Outra embarcación de nome "Visita" non conseguiu avistar a ningún mariñeiro.

Os patróns que participaron no salvamento foron recompensados posteriormente pola súa intervención. Os tripulantes recollidos foron Celestino Baqueiro Malvido, Serafín Prieto Novas, Francisco Rodal Menduíña e Manuel Rodríguez Lemos, cuñado do patrón e veciño de Liméns. Esta información recollida oralmente non se corresponde exactamente coa publicada nalgúns xornais daquel tempo, xa que, entre outras cousas, informan de que o propietario da embarcación era un dos falecidos. Podemos acreditar que non foi así porque Serafín Martínez Franco non aparece na lista dos que perderon a vida.

Un heroe de quince anos

Fíxose eterna esa hora na que os superviventes loitaron por non afogar. O verdadeiro heroe deste terrible naufraxio foi un rapaz de quince anos chamado Francisco Rodal Menduíña. Era irmán da avoa do estimado presidente do R.C. Celta de Vigo, o señor Carlos Mouriño. Este mozo foi o primeiro en ser avistado por unha das embarcacións que acudiron ao rescate. Cara a Francisco dirixíronse para socorrelo, pero o rapaz renunciou a subir á bordo xa que nadaba coma un peixe. Preferiu que os tripulantes dos botes de rescate acudisen a salvar aos náufragos que non sabían nadar. O mozo escoitaba aos compañeiros como gritaban e dicían: "Salvarme que vos hei de pagar", "Dille a miña muller que xa morrín!" ou "Adiós a todos!". Francisco alentaba aos compañeiros con palabras de ánimo. O rapaz foi o último en ser rescatado. Os xornais destacan o heroico comportamento de Francisco.

Os corpos foron soterrados no adro que facía de camposanto na igrexa parroquial do Hío, xa que o cemiterio municipal aínda non existía, inaugurándose no 1908.

A Unión de Fabricantes de Fábricas de Conservas da Ría de Vigo abriu unha subscrición ingresando 1.000 pesetas de apertura. Moitas foron as poboacións costeiras que se sentiron solidarias coas familias dos finados aportando cartos para axudalas. Incluso dende Lisboa e A Habana enviaron cantidades importantes. No Teatro Rosalía de Castro celebrouse unha función benéfica cunha recadación considerable para as familias damnificadas. Tamén colaboraron autoridades importantes como o deputado á Cortes por Pontevedra Eduardo Vicenti, párrocos de varias freguesías, industriais de fábricas de salgadura e de conservas, médicos, mestres, armadores, etc.

A cantidade final para as familias das vítimas nas localidades de Cangas, Moaña e Vigo acadou a cifra de 16.788 pesetas, das que 500 pesetas foron para a familia do soldador de latas falecido na fábrica do sr. Curbera. Tamén se doaron 105 pesetas ao cabo Juan Portas de Aldán pola súa eficaz labor desenvolvida o día do naufraxio.

Nos cantís de Couso, na Costa da Vela, unha cruz de pedra lembra aos náufragos falecidos da "Leonor". Foron moitas a dor e as bágoas causadas polo suceso naquel momento, mais pode o lector imaxinar, ollando as novas dos xornais da época, canto perdurou no tempo esta traxedia nunha sociedade que vivía do e para o mar.

Outra lancha tivo que ser auxiliada por envorcar preto da Borneira. Tamén perdeu a vida, nunha fábrica propiedade de Curbera, un soldador de latas chamado José Fernández. Pereceu ao instante cando unha das paredes da fábrica cedeu e deixou o corpo do operario baixo os escombros. Deixaba muller, dous fillos e agardaban un terceiro. Ademais hai que engadir numerosas caídas de árbores e postes do telégrafo.

Información diversa sobre o suceso:

* El temporal en Vigo. Por telégrafo.

Doce ahogados. Otra desgracia

Vigo 16 (8 n.)

El temporal ha causado en esta graves daños y una espantosa desgracia

Al salir de la ría Aldan la lancha trainera "Leonor", que venía á Vigo, zozobró, cayendo al mar todos los tripulantes.

Tres lanchas acudieron á socorrerla, logrando salvar á cuatro; pero ahogándose 12.

El suceso ha causado consternación. La Directiva de la Unión de fabricantes do Vigo ha abierto una suscripción, encabezándola con 1.000 pesetas, coa objeto do socorrer & las familias de las víctimas.

Se proyecta también una cuestación pública, á la que contribuirán cuantos viven do la pesca.

Otros botes pesqueros que corrieron peligro fueron recogidos por los vapores que regresaban de la pesca.

Estos vapores sufrieron también pérdidas. Los marineros no recuordan otro temporal tan violento.

Los postes del teléfono y los hilos telefónicos han sido derribados, los árboles arrancados y muchos edificios han venido á tierra.

En la fábrica de conservas de Curbera se desplomó una pared, matando a un hombre.

El corresponsal"

*El Heraldo de Madrid, 18/10/1907:

Tragedia en el mar.

Trece muertos

Inmensos estragos

'Vigo 17 (10,32 noche)

Aunque todos los años por esta época había que lamentar en el puerto de Vigo algunas funestas consecuencias de los temporales del equinocio de otoño, el desencadenado ahora ha tenido tan terribles proporcionés que no se recuerda otro semejante.

Ha habido espantosas desgracias que llenan de luto á Vigo y se lamentan muchos daños materiales.

Al salir de la ría de Aldán la lancha trainera "Leonor", que traía pesca para venderla en este puerto, zozobró á causa de una tromba de viento y agua, cayendo al mar los dieciseís hombres que la tripulaban.

Tres barcas acudieron á socorrerlos luchando con la terrible furia de olas como montañas; solo salvaron á cuatro de los náufragos, Los otros doce perecieron á la vista de los marineros que trabajaban con verdadero heroismo por salvarlos.

La impresión producida por la catástrofe es tremenda. La junta directiva de la "Unión de fabricantes de Vigo" ha abierto u n a suscrición a favor de l a s familias de l a s víctimas, encaezándola con mil pesetas. Se hará una cuestación pública con idéntico fin caritativo y por e1 éxito de ella trabajarán cuantos elementos viven de la pesca y de l as industrias derivadas de ella.

Otros pequeños barcos pesqueros que corrían peligro fueron recogidos por los vapores que volvían de la pesca de altura imposibilitados de dedicarse á ella porque el mar los combatía furiosamente, arrollándolos y dejandolos sin gobiemo.

El vapor "María" salvó cerca de Cangas á tres tripulantes de una lancha que zozobró. También en tierra ha sido violentísimo el temporal. Cayeron á tierra árboles y postes del teléfono y telégrafo. Se han derrumbado muchos edificios.

En una fábrica de conservas se desplomó una pared y sepultó á un hombre bajo los escombros, dejándolo muerto.

En Casablanca cayó á tierra un edificio en construcción, derribando también una casa contigua, bajo cuyas ruinas quedó un niño, oue fué sacado ileso cuando se consideraba perdida toda esperanza de salvarlo.

*Veciño do Hío

Compartir el artículo

stats