Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Personaxes de Cangas · Arquivo de A Cepa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

De orixe italiano polo seu apelido Lazarí; plasmaba as cores como un arco da vella

Maximino Lazarí casou en segundas nupcias coa súa cuñada Leonor Parcero e tiveron oito fillos. Na foto Leonor con cinco dos moitos netos de Venturiña. C.a. 1915.

Maximino Lazarí casou en segundas nupcias coa súa cuñada Leonor Parcero e tiveron oito fillos. Na foto Leonor con cinco dos moitos netos de Venturiña. C.a. 1915.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Fernando Cuñarro Pintos/ tere parcero (*)

En Cangas viviron até oito xeracións da familia Lazarí. A orixe do apelido hai que buscala no norte de Italia, na rexión do Piamonte. De aí chegaron a Baiona e Vigo. E despois a Cangas onde residiron nove xeracións até que se perde o apelido Lazarí ao ser todas mulleres as que quedaron.

A cuarta xeración fórmana o militar Manuel Lazarí Ramos, de ascendencia italiana e galega e de Manuela Figueroa Alonso natural de Vigo, asentados xa na vila de Cangas. Entre os cinco fillos do casal (María Manuela, Manuel María, Francisco Javier, María Josefa e o máis pequeno dos irmáns: Joseph Ventura Lazarí Figueroa (1834 - 1880). O que vai ser popularmente coñecido en Cangas como Venturiña nace o 16 de febreiro de 1834.

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, con 41 anos, casa na Colexiata de Cangas con Manuela Castro Ogando, de 32 anos, natural da parroquia de Darbo. Viviron nunha casiña na Fonte Ferreira onde ela puxo escola. Tiveron dous fillos, Eugenia Justa e Maximino Ventura. Despois de cinco anos de matrimonio, Venturiña falece moi novo, de pulmonía, con 46 anos, o 29 de novembro de 1880.

O seu fillo Maximino Ventura Lazarí Castro (1878-1945) vaille dar moitos netos. Casa con María Parcero de Coiro (catro fillas) e, en segundas nupcias, coa súa irmá Leonor (oito fillos). A morte temperá de Venturiña impídelle coñecer a ningún dos seus 12 netos.

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Joseph Ventura Lazarí (Venturiña) foi un home miúdo, de carácter pacífico e bondadoso. Sabemos que era un artista extraordinario. Eugenio Eiroa Hermo que dedicou moitas horas a estudar a súa vida descoñece onde aprendeu tanta arte e tanta sensibilidade para pintar. Afirma don Eugenio que veu a Cangas procedente de Santiago de Compostela para pintar as imaxes da Semana Santa.

Era un artista co pincel e plasmaba as cores como un arco da vella en todo o seu esplendor, dándolle vida e cor ás tallas dos santos. Pintor da arte relixiosa, doulle a policromía que locen as figuras da Semana Santa, a maior parte delas realizadas polo escultor Cerviño.

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Co seu bo facer, Venturiña realzaba as imaxes coa súa pintura dándolles un aspecto máis humano, pintábaas con paixón. Algunhas das súas obras maxistrais, foron o Cristo do Descendemento, o Cristo xacente tallado en madeira, pola expresión do rostro, as bágoas, os hematomas, as veas, toda unha obra mestra. E a mellor obra do mestre Cerviño en Cangas, en palabras de Eugenio Eiroa.

Venturiña tamén lle dou vida á Mesa dos Apóstolos, a un Sagrado Corazón de Xesús e a outras imaxes. A venerable Irmandade da Virxe das Dores e da Soedade pode estar ben contenta coas marabillas escultóricas que nos deixou Cerviño pintadas por Josef Ventura, o famoso Venturiña.

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Como todos os nosos antepasados o de Venturiña vivirá eternamente nos seus descendentes que son moitos e quizais algún sinta esa necesidade, esa ilusión, ese gusto pola pintura. Esa faísca que o faga grande por dentro e por fóra, como o seu ancestro.

A súa obra reflíctese en todo o seu esplendor na Semana Santa de vila canguesa, que lembra con agarimo e orgullo a tan ilustre personaxe histórico.

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

Venturiña, pintor das imaxes da Semana Santa

(BIBLIOGRAFÍA:

Beatriz Barreiro Soliño e Andrés Pino Pérez. Genealogía da familia Lazarí..

Eugenio Eiroa Hermo: La obra artística de Cerviño y Lazarí en nuestra semana santa. No libro da Irmandade da Virxe das Dores e da Soedade. Cangas. 1990 )

(*) Membros de A Cepa

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents