A poetisa buenense Miriam Ferradáns Ferradás ten unha relación máis que especial co Certame de Poesía Rosalía de Castro que convoca la Asociación Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona). Xa gañou en dúas ocasións o primeiro premio deste recoñecido concurso e o xurado da trixésima edición volveu a fixarse na súa obra. Esta vez presentou un texto titulado "Situarémonos fronte ao frío, berrando", que foi merecedor do segundo premio. Desta vez o primeiro primeiro premio foi para Xavier Rouco Ferreiro polo poema "A escrita da luz".