Personaxes de Cangas · Arquivo de A Cepa
Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
Era natural de Extremadura, en 1930 foi destinado a Cangas e foi fusilado en setembro de 1936

Unha fot familiar con pais, irmán e fillos.
Fernando cuñarro pintos/ Xoán Chillon | Cangas
A Carlos Oroza, mestre do verso que tanto amou este Mar de Cangas.
In memorian

Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
O estremeño don Victor Sánchez Mártil naceu en Hervás (Cáceres, 1898). Casado coa salmantina Justa Muñoz Martín, tiveron cinco fillos. Exerce a súa profesión nunha escola da área de Béjar en Salamanca e noutra de Quinta do Monte (Esgos, Ourense). En xaneiro de 1930 aproba en Madrid o curso de Orientación Marítima, sendo destinado á escola do Pósito de Coiro, con local en Rodeira.
O Mestre Sánchez Mártil foi un profesor culto e activo, estaba moi ben considerado e sabía de carencias porque a súa procedencia era humilde. En Cangas viviu coa súa familia nunha casa de Vicente Nogueiras no Forte. Mercaron unha vaca e alugaron unha corte, arrendando unhas terras por Longán. Sementaban, recollían e ían vender o leite á praza.

Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
Na visita que realiza en 1931 á súa escola, o inspector costeiro do ISM informa que "estaban presentes 45 alumnos dun total de 61 e que o profesor ten un entusiasmo extraordinario. Manifestou que necesitaba un barómetro, un termómetro, un compás, unha carta da ría de Vigo e outra da costa galega. Que o mestre fai de contador, secretario, conserxe e todo o demais. Que é un dos Pósitos, aínda que probe e modesto como o porto, onde máis entusiasmo teñen os seus asociados, sendo a administración, desde que conta co novo profesor, admirable".
Don Víctor era o profesor de motores na Escola de Pesca e un home moi activo na vida local sendo nomeado tesoureiro da Federación Comarcal de Pósitos. Na folga xeral por mor dos sucesos de Asturias, estivo preso en dúas ocasións acusado de pretender atentar contra o propio Pósito que tanto estimaba. Pasa tres días no cárcere de Vigo sendo posto en liberdade sin cargos. Participa solidario coa comisión de Socorros ás familias de mestres presos. Foi secretario contador do Círculo Republicano e vogal da Asociación de Traballadores do Ensino de Vigo, a FETE noméao delegado en Cangas. Obtén unha dotación do Ministerio para unha escola laica. Un mestre moi activo, do Partido Comunista. Na prensa do tempo informan que participa nun mitin na Casa do Pobo o Primeiro de maio de 1931.

Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
No 1934 organiza unha Festa, financiada grazas a unha subvención do Ministerio de Instrución Pública, coa finalidade de entregar roupas e calzado aos nenos pobres da parroquia, uns "rapaces que viñan descalciños, chovendo en tempo de inverno...Tiñan que vir e subir, comer e baixar. E descalciños". Reparte 50 traxes e zapatos aos nenos da Escola de Orientación Marítima. As prendas foron confeccionadas á medida para cada chaval. O acto contou coa presenza do alcalde do concello, Francisco Eiroa; do xuíz municipal e médico Agustín Jorge Etxeberri, das autoridades locais, de todos os asociados do Pósito e de numerosas persoas convidadas facendo uso da palabra o mestre Sánchez Mártil. Como os locais non eran capaces de acoller ao numeroso público alí congregado, houbo necesidade de celebrar o acto ao aire libre.
O levantamento militar de 1936 truncou aquela primavera de esperanza que entrara no ensino coa Segunda República. Agora aqueles bos profesionais son destituídos, sufrindo persecución física, exilio, cadea e mesmo o fusilamento.

Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
Aos inesquencibles mestres de Coiro: Vicente Sáez con escola na Casa de Barca e a Víctor Sánchez do Pósito no Forte, ábrenlle expediente por parte da Comisión Depuradora de Maxisterio de Pontevedra. Don Victor foi preso o 25 de xullo do 36 na estrada de Cobres, ingresado no cárcere de Cangas. Trasladado á capital é condenado a morte no Consello de Guerra contra a Xestora Municipal. Fusilado, na estrada a Campañó, o 24 de setembro. Tiña 38 anos.
"Pero que le vamos a hacer, se han propuesto eliminarme de este mundo, pena a la que nunca ordenaría yo a mi mayor enemigo y por lo que a pesar de todo no me siento rencoroso aunque sí dolorido", escribe cando lle é comunicada a sentencia de morte.

Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro
E noutra carta moi emotiva á súa familia conclúe: "Padres míos, despues de tanto sacrificio para obtener la carrera y perderla de esta manera dejándoos en la mayor miseria, me atormenta; pero en cambio llevo la conciencia tranquila de no haber hecho nada y haber predicado ideas sanas y de redención. Después de todo tengan fe en que han de venir días de rehabilitación del nombre ya que no del cuerpo y será honrado en memoria?"
Victor Sánchez Mártil, o mestre da escola de Pósito de Coiro, un home pequeno e baixote de estatura pero enorme en humanidade e amor polo traballo e polas persoas. Levábase moi ben cos rapaces. "Era un modelo de home, moi amigo de andar cos mariñeiros". El seguirá a ser un espello onde nos mirar. Un modelo para admirar sempre, coa esperanza nun futuro mellor para todos.
*Mestres e membros de A Cepa e Cacarexo
Suscríbete para seguir leyendo
- El cuerpo momificado hallado en Monteferro corresponde al de un vecino de Cangas
- Una vecina de Aldán regala a la reina Letizia una mantilla artesanal durante el Día de las Fuerzas Armadas en Vigo
- Música y memoria por los 100 años del palco
- Localizan sin vida al pescador deportivo de 50 años desaparecido en Cabo Udra, en Bueu
- Un pescador muere en Udra y encuentran en Baiona el cuerpo del bañista desaparecido en Barra
- Retoman la búsqueda del vecino de Vigo desaparecido en la playa de Barra (Cangas) y se incorporan drones y nuevos medios al operativo de rescate
- Los alumnos de O Morrazo, 'desconcertados' con la cantante Rosalía y con el error en la pregunta de Historia
- Miles de motos conquistan Bueu en una nueva concentración de récord