Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luma Gómez: "Queda moito por percorrer"

A actriz critica a situación de desigualdade no sector

A actriz Luma Gómez. // FDV

Luma Gómez (Ferrol, 1952), convertirase esta noite na cuarta muller galardoadaco Premio Xiria ao labor Teatral recollendo o testigo da xornalista e escritora Ana Romaní (2011). "Un recoñecemento á súa traxectoria profesional e a o seu compromiso coa profesionalización e normalización das artes escénicas en Galicia", sinala a organización da Mostra. A polifacética ferrolá ten un extenso curriculo no teatro, cine e televisión.

-Como recibiu a noticia de que lle outorgaban o Premio ao Labor Teatral?

-A través de Che Mariño. Chamou e preguntoume si aceptaba recoller o premio este ano, supoño que porque agora mesmo hai moita xente que rexeita os galardóns. Eu estou encantada, é un festival que leva moitos anos tirando para adiante co traballo de moita xente e é unha honra.

-Nesta Mostra, coincide por primeira vez que os premios ao Labor Teatral e o de Mulleres en Acción son outorgados a dúas mulleres. Vaise normalizando a situación?

-Aínda queda moito por percorrer. No teatro e no audiovisual, sempre por guion, tanto clásico, moderno ou de televisión, hai menos presenza das mulleres, case nun trinta-setenta por cento con respecto aos homes. É raro ao revés. Ademais, as mulleres a partir de certa idade, os 50 anos, parece que comezamos a ser invisibles.

-Cal cre que é a mellor ferramenta para alcanzar un estado de igualdade?

-Seguir traballando tendo presente que só nós podemos resolvelo coa vontade dalgunha xente que axuda de maneira voluntaria. Non hai outra solución. Ninguén se vai reivindicar polas mulleres se non o facemos nós mesmas.

-No encontro de dramaturxia celebrado no marco da Mostra o pasado sábado, decidiuse a creación dunha asociación profesional de dramaturgos e dramaturgas. Vostede sempre estivo comprometida con esta necesidade. Como valora a iniciativa?

-Sempre fun partidaria do asociacionismo. Fun unha das impulsoras da primeira asociación de actores e actrices de Galicia. Unidas podemos lograr máis cousas, hai máis posibilidades de saír adiante. Son de confiar no traballo colectivo, codo con codo conséguese máis respeto.

-En que proxectos está inmersa?

- Despois do verán comezarei os ensaios con Eduardo Alonso, a quen lle concederon un accésit Lope de Vega pola súa obra "Palabras malditas". Estou moi ilusionada.

Compartir el artículo

stats