Desencravos no Morrazo

O investigador moañés Manuel Uxío García Barreiro achega un traballo centrado nas imaxes dos desencravos, tradición vencellada á xornada do Venres Santo

Cristo articulado do ano 1762, sobre cruz moderna, emprazado igrexa de San Martiño de Moaña.// G.Barreiro

Cristo articulado do ano 1762, sobre cruz moderna, emprazado igrexa de San Martiño de Moaña.// G.Barreiro

Manuel uxío garcía barreiro*

O insigne historiador ferrolán, D. Julio I. González Montañés, nun traballo aloxado en Internet sobre as representacións da paixón, retrotrae ao século XIV a orixe do Desencravo, Descendemento e Enterro do corpo de Cristo que cada Venres Santo celébrase nalgunhas igrexas galegas entre elas, na ex - colexial de Cangas e San Martiño de Moaña. Tales representacións descríbeas do xeito seguinte: "Los grupos escultóricos del Calvario y el Descendimiento con figuras estáticas van desapareciendo en el siglo XIV y en su lugar encontramos por toda Europa crucifijos con Cristos articulados y tecas eucarísticas que prueban que los ritos de la Depositio se realizaban con actores reales que representaban a Nicodemo y José de Arimatea los cuales desenclavaban a la imagen, la bajaban de la cruz y la depositaban en la urna".

Continúa subliñando o seguinte: "No es fácil precisar la antigüedad de estas representaciones, ya que de la mayoría de las que perviven en la actualidad o han pervivido hasta tiempos recientes solo tenemos noticias desde el siglo XIX. Sin embargo, algunos indicios apuntan a un origen muy anterior. La existencia de cristos articulados desde el siglo XIV sobre representaciones de la Pasión y algunos testimonios artísticos autorizan a pensarlo así".

Desencravos no Morrazo

Desencravos no Morrazo

Sinala despois o caso interesante que representa o Desencravo litúrxico da igrexa de San Martiño de Moaña, detallado nas Ordenanzas e Constitucións da confraría de Nosa Señora da Soidade, asinadas no ano 1672, onde: "Describen con detalle la ceremonia y mencionan la existencia de un Santo Sepulcro".

Efectivamente o sepulcro que xa se atopaba no templo moañés antes do ano 1672, retrotrae a cerimonia do Desencravo a épocas anteriores, posiblemente ao antedito século XIV; dúas centurias despois da súa consagración.

Con posterioridade, hai constancia documental que en 1762 mercouse unha nova urna con cristais e cruz articulada e, do ano 1926 proceden as actuais, talladas polo gran imaxineiro compostelán, Xosé Rivas Rodríguez quen, anos máis tarde, esculpiu varias imaxes para a senlleira Semana Santa de Viveiro. Recentemente, ao restaurar un crucifixo da capela maior observouse que tamén estaba articulado o que leva a deducir que se trata do mercado no ano 1762.

Debido á moita devoción que, en épocas anteriores á división parroquial de 1964, concitaba o Desencravo moañés e a posterior procesión do Santo Enterro mercouse, cinco anos despois, unha nova Dolorosa de madeira a cal, segundo se constata nunha pé de foto, inserida na páxina 3 do exemplar de "Faro de Vigo" correspondente ao 18 de marzo de 1931: "Fue construida en los talleres vigueses del notable escultor José López Pedré".

Esta información do xornal vigués anula á documentada no inventario do ano 1981 que a Sé Compostelán encargou a unha compañía de seguros; nela dá por certo que dita imaxe fora tallada no século XIX polo escultor catalán, Agustín Querol.

Sobre a importancia que tiveron as representacións do Desencravo, D. Julio I. González, reflicta que nos adros parroquiais de San Pedro de Bordóns, San Salvador de Meis, Arcos de Furcos, Cotobade, etc., atópanse relevos en pedra con escenas dos descendementos. De seguido engade: "Testimonio de la larga pervivencia de estas prácticas dramáticas lo tenemos de nuevo en el arte en algunos cruceiros con desencravo del siglo XIX (Hio, Eiroa, Berrimes, etc.) en los que, como ya apuntó Castelao, el carácter de inmediatez, de cosa vista, que tienen sus escenas - sin duda más evidente cuando lucían su policromía original -, es síntoma de que sus autores conocían estas ceremonias dramáticas que debieron ser muy frecuentes en los atrios de las iglesias gallegas?"

Salienta logo que un análise pormenorizado das pezas que compoñen o cruceiro do Hío, mostran trazos iconográficos que semellan inspirados, dun xeito directo, nas cerimonias do Desencravo, pois:

"? los ángeles sostienen al pie de la cruz la cartela del INRI y la corona de espinas, los primeros elementos que se retiraban a los Cristos en los Desenclavos gallegos, y los brazos del crucificado han sido desclavados pero no los pies ya que este era el último clavo que se sacaba en las representaciones.

En Hío, Cristo cuelga de un sudario que pasa bajo sus axilas a modo de soga que hace polea en los brazos de la cruz y permite bajar el cuerpo lentamente, justo el procedimiento utilizado en las Pasiones y Desenclavos, tanto gallegos como de otros lugares, para hacer descender la figura de manera articulada. Todos estos rasgos aparecen reunidos en las ceremonias del Desenclavo de Augasantas y San Martín de Berducido (Cotobade), ceremonias que pervivieron hasta el siglo XX y que el autor del cruceiro, Ignacio Cerviño, natural de Cotobade, debió sin duda conocer".

Obsérvase nos anteditos parágrafos, como o historiador ferrolán fai unha excelente descrición da iconografía principal dun grande cruceiro galego, o do Hío, e da fonte de inspiración do recoñecido canteiro que o esculpiu.

Polo serán do Venres Santo, nas igrexas históricas de Cangas e Moaña, volveranse a representar, un ano máis, as tradicionais cerimonias do Desencravo xunto coas posteriores procesións do Santo Enterro.

*Veciño de Moaña

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents