Sementes e plantas medicinais para rematar
A programación dos XVII Encontros do Millo Corvo péchase hoxe con dous novos obradoiros, esta vez centrados nas sementes e plantas medicinais. A carpa voltará a abrir a partir das 11.00 horas coa "ecotaberna", na que ademais de probar especialidades co millo corvo poderanse adquirir produtos naturais e orgánicos.
O primeiro dos talleres será o de A Hortinha da Ponte, un proxecto de agricultura ecolóxica de Forcarei. Alí producen todo tipo de legumes e hortalizas a partir de sementes ecolóxicas e a actividade de hoxe en Meiro versará sobre os xerminados e os usos alimenticios das sementes. A continuación será o turno de Milhulloa, unha empresa situada en Palas de Rei que dispón de dez hectáreas de terreo para o cultivo ecolóxico de plantas medicinais e hortalizas.
- La Guardia Civil aborta una macropelea con más de medio centenar de menores en Cangas
- El frío también llega con manto blanco a O Morrazo
- Un marinero de O Hío muere en su barco cuando recogía nasas frente a Punta Couso
- Vecinos de Tirán alertan de ratas como «conejos»
- Falece o poeta e escritor Bernardino Graña aos 92 anos
- Irene «de Fermina», centenaria por San Amaro
- El cumpleaños de Ángeles Cabeiro.
- Aldán renueva su fe invernal en San Amaro