A cultura do millo traspasa fronteiras
Meiro acolle dende onte unha nova edición dos Encontros co Millo Corvo
D.g.p. | Bueu
Os Encontros co Millo Corvo este ano cruzan fronteiras. A Asociación Cultural Meiro apostou nesta edición por traer ata a aldea buenense outras formas de entender a cultura do millo e de cociñar este cereal básico na dieta. O protagonismo onte recaeu nas cociñas vasca e caboverdiana, coa elaboración de platos típicos destes lugares.
A afluencia de público foi unha constante durante toda a xornada, con varios momentos nos que a carpa estivo chea. O primeiro foi a agardada apertura da "ecotaberna", na que se puideron degustar pratos elaborados co millo corvo. As charlas comezaron ao mediodía coa presenza do conselleiro internacional de Slow Food e presidente do Slow Food Arava-Alava, Alberto López de Ipiña. Na súa conferencia falou sobre a filosofía da "slow food" [comida lenta], a promoción dos produtos locais de calidade e o seu apoio aos produtores responsables co medio ambiente e a protección da biodiversidade. A charla de López de Ipiña viu seguida dun obradoiro demostrativo de cociña vasca, no que participaron os cociñeiros Maite González e Gaspar García, que elaboraron pratos como o talo (unha masa similar a arepa de Colombia ou a tortilla mexicana que se elabora con fariña de millo) ou canutillos (un postre típico).
Pola tarde foi o momento de Cabo Verde. O arquipelago africano ten unha ampla colonia asentada en Burela, un dos portos máis importantes do cantábrico. Dende alí viñeron integrantes da asociación Batuko Tabanka, que amosaron algunhas das receitas do seu país. Entre elas estaba a súa variedade do cuscuz, que un bolo feito con fariña de millo e que se coce nun recipiente de barro, ou a cachupa, que é un estofado cociñado con dous tipos de millo, varias clases de alubias e carne ou peixe, entre outros ingredentes. A asociación non marchou de Meiro sen antes deixar unha mostra da súa tradición e cultura musical.
Un dos momentos máis agardados da xornada era o obradoiro sobre cervexas artesanais impartido pola empresa canguesa Adegas Menduíña, que explicou para os numerosos asistentes como se elabora unha cervexa artesanal e culminou as explicacións cunha cata das súas diferentes variedades.
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- La lonja de Bueu registra una caída de 375.000 euros por la crisis del pulpo
- Cangas otorga chiringuitos de playa por cuatro años y excluye Melide por los accesos
- Se incendia el tejado de una casa en el barrio de O Casal, en Moaña
- «Que o mar che sexa leve, Bernardino»
- Un limón y medio limón en Vilariño.
- El río Bouzós, a punto de desbordar en el centro urbano por los restos de podas
- Comenzó la tala de árboles en las fincas que rodean la residencia de Aldán