"Aqueles veráns da infancia en Cangas foron os mellores anos da miña vida. Xulio Iglesias pasou as vacacións ata os catro anos en Almería, pero as seguintes, as da infancia e a adolescencia -ata a Universidade-, pasounas no Morrazo. Instalámonos na fonda, O Pote, onde vivíamos co dono, Evaristo, e a súa familia. Os meus pais, meu irmán e máis eu", recorda. "¡Que nécoras! Non volvín a comer nécoras como esas. Eran moi encarnadas, brillantes, e sacábanas dun barril. Custaban un pataco, pouca cousa, uns céntimos".

"Os meus amigos eran os demais nenos da vila. Saiamos en panda, a bañarnos, a pescar, a coller moras, entrabamos nas fincas a roubar mazás... éramos uns golfos", resume.

Aquel Xulio Iglesias que veraneou en Cangas na década dos cincuenta nin soñaba con ser una estrela da canción. Entón o seu era o fútbol. "Si, claro, eu xogaba no Real Madrid, pero tamén cos meus amigos, cos que ía ver os partidos do Alondras". rememora.

"Aquela paisaxe da infancia ten cambiado moitísimo. Bañabámonos na ría que tiña unha auga cristalina, ata no porto, Hai moito que non vou, e estouno desexando. Penso que nunca volvín ser tan feliz como naqueles veráns de infancia en Galicia".