A Asociación Cultural Meiro organiza o vindeiro 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, unha serie de obradoiros coa finalidade de reducir as bolsas de lixos e mellorar a calidade ambiental do entorno. As actividades terán lugar na planta ambiental da Mancomunidade do Morrazo, na Portela, e foron deseñadas polo Centro Superior de Xestión Ambiental do Centro Forestal de Lourizán. Os obradoiros estrutúranse en catro partes diferenciadas e de media hora de duración: análise da bolsa do lixo, elaboración de compost, aplicacións do compost no solo e nas macetas e creacións con residuos como recursos. As actividades terán lugar de 10.00 a 12.30 horas e a participación é completamente gratuíta, aínda que é necesaria a inscripción previa. Para iso pódese escribir ao enderezo electrónico meirocorvo@gmail.com ou chamar ao teléfono 637 558957.