"Coa familia non falaba de asuntos políticos"
-O seu avó lles explicou algunha vez as repercusións da súa defensa do idioma propio ou da República?
-El silenciaba ben os aspectos políticos por temor ás represalias. Coa familia non falaba moito deses temas. De feito, eu agora sei máis cousas porque colaborei na redacción do libro sobre a súa persoa. Tiven que pedir moita documentación ao Archivo de Memoria Histórica de Salamanca. Pero lembro unha anécdota dunha das últimas veces que Franco visitou Vigo, nos anos 70. Un policía local se personou no domicilio de don Roberto. Eu estaba alí. Díxolle de boas formas que o Concello lle mandaba entregar as armas que tiña. Respostou que só tiña unha escopeta de balíns en Moaña.
-Foi unha sorpresa para os familiares a proposta da Irmandade Xurídica Galega?
-Un pouco si, porque despois de tantos anos pensas que non se vai a recoñecer a súa figura. Pero o recoñecemento o temos da xente que, aínda hoxe, en Moaña sigue falando de Roberto.
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- La otra cara de la concentración motera de Bueu: ruido «insoportable» y una moto estrellada en una terraza cuando hacía un «caballito»
- La ordenanza de autocaravanas de Cangas limita el estacionamiento a una noche
- «Tus alas» para salir de casa
- Arde en Areamilla la planta alta de una casa cuando el inquilino estaba ausente
- El motorista que se estrelló contra una terraza en Bueu dio negativo en la prueba de alcohol
- Cangas, un día sin corredor
- El Corredor, cortado hoy entre la salida de A Portela y la de A Rúa