Maxia e lenda da Mangallona (II)

A casa museo do artista Camilio Camaño volverá a abrir as súas portas o sábado con motivo do seu vintecinco aniversario e co gallo do Día Internacional dos Museos

Un grupo de visitantes nunha das salas da Casa Museo A Mangallona de Coiro. // Gonzalo Núñez

Un grupo de visitantes nunha das salas da Casa Museo A Mangallona de Coiro. // Gonzalo Núñez

LUÍS CHAPELA*

Camilo Camaño, nacido en Coiro, que conta con infinidade de premios e recoñecementos, en moitas partes do mundo, de ese mundo que el sempre di, comeza e remata en Coiro. A súa obra, as súas creacións están espalladas por medio mundo, entre Europa, Ámerica e Brasil, xusto e recoñecer esta gran labor que Camilo aporta a cultura universal, e todo elo sen deixar de ser esa persoa humilde que todas/os coñecemos, quizais sexa esa a súa gran obra, a amizade cos seus semellantes.

Catro andares, once salas, tres construcións, nada e casual na Mangallona, todo ten un significado . Tras subir as escaleiras pétreas do soportal, o único que se conserva da época medieval, un baixo relevo representa a Camaño ante un altar, recibindo o poder da Mangallona, xa que de por si a casa conta cunha historia que completa o círculo.

A historia da casa de Coiro foi transmitida pola tradición oral, de xeración a xeración. O primeiro morador coñecido foi o capitán Juan Fraga, que no século XVIII levantou a construción sobre un asentamento anterior, posiblemente medieval. No XIX, a parroquia canguesa estaba dividida entre os marqueses de Santa Cruz, a quen lles pertencía o sur; e a familia Fraga, dona do norte, que incluía os montes e as augas da Fraga ou de Don Juan Fraga . A ultima habitante da casa foi, a finais do XIX e principios do XX, Leonor Fraga, chamada a Mangallona. Seica era unha muller libertina, adiantada ao seu tempo, que lle gustaba gastar a súa fortuna en festas e en esmorgas . Era defensora do amor libre e o seu xeito de vida alarmaba a moitos, conta Camaño, quen data a súa morte ao redor do 1925. Nese ano esta rexistrado que Manuel Viveiro García, foi encomendado xunto ao consello do pobo ( o crego, o mestre, e o vello) a entrar na casa da Mangallona, xa que facía tempo que non se sabia nada dela .

Cando entraron, atopárona morta e segundo conta a lenda, unha serpe saíulle da gorxa para escapar pola borralleira . Ante isto, Viveiro García berrou : O corpo corrupto descansa en paz porque o demo xa o abandonou . A designación dunha comisión popular para entrar na Mangallona debese ao temor que espertaba entre os veciños: "Nos últimos anos, Leonor rodearase de xente escura, relacionada co mundo da maxia, chegándose a dicir que se realizaron sacrificios humanos, como o de Rosiña, unha sobriña con algo de atraso e a súa filla, Maria, froito dunha das esmorgas nocturnas que se vivían na casa . Unha esta enterrada baixo un limoeiro e nunha das lapidas hai unha cruz invertida ; e a outra descansa na sala do souto . Conta Camaño e afirma que na súa infancia aínda se lle tiña medo a casa : Dicían que estaba enmeigada, chamábanlle a casa das bruxas ou das luces . Pasou décadas no mais profundo abandono, ata que Camilo comezou a mercar terreos próximos e terminou por mercar a casa.

A Mangallona desde sempre esta unida aos personaxes relacionados coa bruxería que teñen a Coiro como sémola das súas historias . Ben sexa pola fraga, polas pozas de auga ou polas praias, o certo e que a parroquia canguesa fíxose famosa polas persecucións Xustiza Seglar e da Inquisición perante o século XVII: María Soliña, Elvira Martinez ou María dos Santos foron algunhas das acusadas e xulgadas por bruxas, que tras ser sometidas a tortura confesaron os mais incríbeis crimes , tamén o frade Martín Pelagio, acusado de acudir ás xuntanzas das bruxas os sábados á media noite, cando a campá de Coiro tocaba soa .

Do que non teño ningunha dubida e que xa no presente, pero tamén no futuro, cando se fale de arte, de cultura, de creatividade.... en Galicia e como non no Morrazo, Camilo Camaño, e por extensión a Casa Museo A Mangallona, teñen que ocupar un lugar de honra, facendo que todos os veciños desta terra chamada Galicia, nos sentamos orgullosos de compartir este gran legado que xa é parte da humanidade.

As portas de A Mangallona, volveran a estar abertas un ano mais, o próximo día 17, día dos museos, día das nosas letras, nos vemos en Coiro.

* Veciño e escritor de Moaña

Tracking Pixel Contents