Maxia e lenda da Mangallona (I)

En todas as paredes da Casa Museo colgan cadros, fotos ou iluminánse con frescos

Camilo Camaño (dcha.) recibe uns fósiles na Mangallona. // G.N.

Camilo Camaño (dcha.) recibe uns fósiles na Mangallona. // G.N.

LUIS CHAPELA*

E evidente que estas terras sempre tiveron algo de maxia no seu interior . A casa está aberta a quen queira visitala, A Mangallona ofrece unha das coleccións mais importantes da bisbarra, con mais de 10.000 pezas, na maior parte da autoría de Camaño, amosando a evolución do seu estilo pictórico desde os anos 60 ata hoxe en día. A visita á casa museo comeza na sala do soto cun realismo popular ou costumismo, para virar cara a abstracción nas décadas dos 70 e 80, exposta no primeiro andar ." - un berro de resistencia ante a inxerencia no mudo da creación das grandes escolas americanas, que introduciron o concepto da especulación na Arte ". De seguido faremos unha incursión no construtivismo enfrontado a retratos étnicos híper- realistas. O terceiro andar e mais persoal , recordos, homenaxes, ao labor de Camilo e cadros cun significado especial .

Na sala principal deste piso pódense consultar ao redor dun milleiro de obras de diferentes artistas galegos e doutras nacionalidades : Juan Lameiro, Angel Botello, Mario Silva, Delarra, Tobergte, Inés Clavijo, Pedro Alburquerque, Abad, Barreiro, Bialcovski, Castro Gil, Borges, entre outros . Todas estas obras teñen detrás unha historia, unha anécdota. Algunhas son compradas e outras son produto de intercambios con centros de Arte, ou artistas, como un lenzo de Jean Durceuex, medalla de ouro en París en 1933, que pertenceu aos fondos do Louvre . O percorrido remata no cuarto andar, as estancias mais intimas da casa: o baño, o recibidor e o dormitorio . En todas as paredes colgan cadros, fotografías ou ilumínanse con frescos, onde dominan os autorretratos de Camaño . Unha cama de madeira nobre e de alta época preside unha alcoba multe- disciplinar con cadeiras de brazos, unha mesa de traballo e a televisión . Todo orientado cara a unha enorme fiestra sen cortinas, aberta ao quinteiro .

Xunto á casa, perfectamente integradas na paisaxe, atopasen dúas construcións mais: a Pedra Moura, esta ultima aberta aos colectivos que queiran facer uso dela para organizar actividades ou xuntanzas."Chamase Pedra Moura porque no seu centro, a xeito de mesa redonda,Camilo colocou unha pedra en forma de ara, popularmente coñecida por ese nome, da que dicían estaba maldita . Foi arrancada dunha gran rocha ao caerlle un lóstrego . A pedra levaba toda a vida atravesada nun camiño dunha leira familiar . Pediu os permisos para trasladala e deulle a categoría que merece. O seu pai pensaba que toleara, pero cando viu o novo lugar onde se asentou, o home quedou moi contento, e a Capela ou Casa do Artista, construción recuperada dunha antiga e humilde edificación, que na actualidade está complementada coa Biblioteca. A Mangallona representa un símbolo da Cultura, segundo Camaño, que promove iniciativas coma a Serenísima Orde dos Cabaleiros da Pedra Moura , formada arredor da augardente, que divulga os produtos galegos, asturianos, bercianos e da rexión miñota, xa sexan culturais, gastronómicos ou doutro tipo . Os confrades reúnense na casa de Coiro todas as noites de San Pedro para seren purificados co lume .

Pese a todas as actividades desenvolvidas dende este centro, promovidas e costeadas por Camaño, ningunha administración amosou o seu interese por colaborar cos proxectos. Son de sobra coñecidos os actos que se levan a cabo na Mangallona .

Este abandono por parte institucional xa ten ocasionado as primeiras perdas: Os premios Luces na Mangallona, entregados na noite de San Xoán, tras un fastoso espectáculo, seguido dunha cea multitudinaria, e multitude de intervencións, deixaron de celebrarse tras once edicións, xa que ninguén tomou o relevo: "Era un recoñecemento a valía dos galegos nos diferentes ámbitos da vida . O ultimo galardón recaeu, en 1999, nun investigador da Universidade de Texas. Como di Camilo , estou orgulloso de que esta casa sexa un lugar de encontro de culturas, xa que por aquí pasaron Laxeiro, Paco Rabal, Delarra, Ángel Augier, Mary Cruz, Dalia Bialcovski, Madeleine Remy, entre outros persoeiros e amigos, pero ante todo e a casa da xente do pobo, e esta aberta tara todas/os.

* Escritor de Moaña

Tracking Pixel Contents