Un saúdo artístico a carón do río Bouzós

Henrique Prado sacou as esculturas ao campo coincidindo coa Festa do Muíño

As figuras saúdan aos camiñantes que se dirixen á festa.  // S.A.

As figuras saúdan aos camiñantes que se dirixen á festa. // S.A.

GONZALO MARTÍNEZ | CANGAS

Unha mistura de pezas e temáticas diversas que abarcan mitos e tradicións, problemática social, oficios, natureza, maternidade, crítica ao sistema e mesmo estados de ánimo conforman o repertorio de Henrique Prado, un artista autodidacta que mostra o seu traballo desde Coiro para o mundo. Durante a fin de semana o seu séquito de figuras saudou aos romeiros que se dirixían a festa a carón do Bouzós, e tamén lle abriron as portas ao seu eido para disfrutalas de cerca. Foi unha mostra temporal en colaboración cos organizadores e que Prado aceptou e agradeceu, ao tempo que abriu outra rama da árbore artística das Xornadas Culturais que estaban a celebrar os 25 anos.

Artista "autodidacta e de vocación tardía", que dirían os críticos, Henrique Prado traballa en poliéster, resinas, madeira ou pedra, aínda que ultimamente está ensaiando con materiais novedosos e que lle permiten economizar custes, como raíces da natureza e mesmo refugallos. É o caso de Posto Hominium Memoriam ("Desde o común do mundo"), coa que ven de acadar a medalla de prata na " V Bienal Internacional de Escultura Valle de los Sueños", que organiza o concello madrileño de Puebla de la Sierra. A obra, de seis metros de altura, está construida con "refugallos de ferro e fibra de vidro con resinas pigmentadas", explicou o propio autor, que rende homenaxe con ela ás mulleres que sofren violencia machista", apunta Prado. A escultura incide en que tanto homes coma mlleres teñen distintas formas de ver o mundo "pero a súa vez necesítanse o un do outro para conseguir o equilibrio da convivencia". A obra lucirá no Valle de los Sueños, un parque escultórico que invita a disfrutar a arte paseando pola natureza. O 14 de xuño acudirá ao municipio madrileño para recoller o premio.

Un saúdo artístico a carón do río Bouzós

Un saúdo artístico a carón do río Bouzós

"Movemento artístico"

Pero non é a única actividade pública de Henrique Prado nos vindeiros meses, xa que en 15 días abrirá unha mostra en Vigo, na librería Andel, da rúa Camelias, entre xuño e xullo estará no concello de A Guarda, e tamén está preparando unha nova exposición en Cangas, esta vez na Capela do Hospital compartida co pintor Manuel Cerviño, prevista para o mes de agosto. "A verdade é que este ano temos bastante movemento artístico", sinala para explicar a súa situación persoal, que agarda recibir o respaldo e a demanda do público. Mentres, cunha ilusión sen fronteiras, segue creando as súas obras desde Coiro, sen presas, a carón do río Bouzós.

Un saúdo artístico a carón do río Bouzós

Un saúdo artístico a carón do río Bouzós

Tracking Pixel Contents